From Wikipedia, the free encyclopedia
A raza en bioloxía é un taxon que se utiliza para clasificar poboacións de individuos da mesma especie que, aínda que teñan a capacidade de ter descendencia fértil, o isolamento e a perda de fluxo xénico déulles propiedades distintivas.
A raza en animais domésticos refírese a grupos con características homoxéneas, tanto fenotípicas como de comportamento, dentro da mesma especie. Estas características fan que se distingan doutros organismos. A formación das razas débese ao illamento xenético e á adaptación ao ambiente, moitas veces influída pola cría selectiva. Non existe unha definición científica universal para "raza", mostrando a diversidade e complexidade da súa clasificación.[1][2] Os animais de raza pura transmítenlles estes trazos característicos á súa descendencia.
Este termo tamén se aplicou á especie humana e as categorías máis mencionadas e usadas para referir as supostas razas (historicamente falouse de raza branca, raza negra, raza asiática...) baséanse en caracteres biolóxicos visibles (especialmente a cor da pel e as características faciais), os xenes e a identificación propia. O concepto de raza e a agrupación de razas específicas varía segundo a cultura e o tempo.
Desde os anos 1940, moitos científicos evolucionistas rexeitaron esas conceptualizacións de raza, sostendo que calquera definición de raza relativa aos seres humanos anatomicamente modernos está falta de vigor e validez taxonómica por imprecisas e arbitrarias, e que as supostas razas observadas varían segundo a cultura examinada.[3] Non obstante, hai xente que se autoidentifica con razas determinadas ou as asigna a persoas ou etnias nun proceso denominado racialización.[4]
Actualmente, existe un consenso científico que sostén que as razas biolóxicas humanas hoxe non existen, despois da extinción de subespecies como o Homo sapiens neanderthalensis. Esta postura está apoiada por evidencias xenéticas e arqueolóxicas que documentan a historia humana, o que indica que toda a variabilidade xenética humana pode ter unha orixe común en África hai aproximadamente 200.000 anos. Ao longo do tempo, a variabilidade xenética humana foise dispersando e mesturándose de forma significativa, de xeito que as distincións raciais que hoxe semellaban baseadas bioloxicamente nun pasado afastado carecen de base científica.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.