From Wikipedia, the free encyclopedia
O neandertal, Homo neanderthalensis, foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos[1], que habitou Europa e partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.[2][3]
Home de Neandertal Rango fósil: 0,23 Ma-0,028 Ma Plistoceno medio a tardío | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Homo neanderthalensis, caveira descuberta en 1908 en La Chapelle-aux-Saints (Francia). | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Homo neanderthalensis King, 1864 | |||||||||||||||
Distribución do Homo neanderthalensis. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
H. mousteriensis |
Morfoloxicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. Moitas desas características, como o do nariz, eran adaptación a ambientes fríos. A masa cerebral era semellante á H. sapiens, arredor do 10% maior, por ser algo máis longo ao seguir as diferenzas de proporción corporal.[2][3] Suxeriuse que os neandertais tiñan capacidade de expresión verbal, fala, similar a dos humanos modernos.[4]
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume.[3] O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriana".
Os rexistros fósiles de H. Nenderthalensis máis antigos son de hai cando menos 430 mil anos. Este rexistro e os estudos de secuenciación xenómica indican que teñen cos H. sapiens un antecesor común do plistoceno medio, posiblemente Homo heidelbergensis.[2][5][6] A secuenciación xenómica indicou que as poboacións de H. sapiens que saíron de África (isto é, a toda a poboación mundial actual agás a do centro e sur de África) conservan un 2% do xenoma procedente de reprodución cos neandertais. Isto tivo a súa orixe nun contacto entre as especies hai 60 mil anos, antes da expansión dos H. sapiens a Eurasia.[2][7][8][9]
O nome da especie procede da rexión onde se atopou o primeiro xacemento fósil, no século XIX. Foi no leste de Düsseldorf, Alemaña, na cova de Feldhofer, que está emprazada na ribeira do río Düssel no val de Neander (en alemán, "Neanderthal").[10][11][12]
A literatura antropolóxica citou a Neanderthal 1 como o "cranio Neanderthal" e ao individuo reconstruído a partir deste como o "home de Neanderthal" (ou "Neandertal").[11][13]
O nome binomial de Homo neanderthalensis foi a expansión do nome do "home de Neandertal", que se refería a un único individuo, á especie. A especie foi proposta por primeira vez polo xeólogo anglo-irlandés William King en xaneiro de 1864, despois dunha conferencia lida na British Association for the Advancement of Science. Ese mesmo ano King pensou que os fósiles de neandertais eran distintos dabondo dos humanos como para definir un novo xénero.[14] O nome de King tivo prioridade na nomenclatura sobre da proposta de Ernst Haeckel de 1866 de chamarlles "Homo stupidus".[11] O uso común de dicir "os nendertais" ou "un neandertal" xurdiu na literatura popular anglosaxoa na década do 1920s.[15]
A pronunciación alemá de Neanderthaler ou Neandertaler (neandertal) é [neˈandɐˌtʰaːlɐ] no alfabeto fonético internacional.
O primeiro fósil de neandertal descuberto foi o cranio infantil (cranio parcial Engis 2) que Philippe-Charles Schmerling atopou na cova de Engis, preto de Liexa (Bélxica), en 1829.[16] Schmerling describiu en Recherches sur les ossemens fossiles que aquilo era unha proba da existencia humana antes dos 6 000 anos da historia da Biblia.[17] Tamén, partes dun esqueleto de neandertal descubríronse en Forbes' Carry, Xibraltar en 1848.[18] Ambos restos non tiveron repercusión. Foron as descubertas do val de Neander, achados nunha canteira preto de Düsseldorf de agosto de 1856, tres anos antes de que Charles Darwin publicara "Sobre da orixe das especies", as que o tiveron.
Os restos fósiles de Neander consistía dunha coroa cranial, dous fémures, tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do ilíaco esquerdo e fragmentos dunha omoplata e costelas. Estes fósiles denomináronos "Neandertal 1". Inicialmente os traballadores que recolleron estes ósos pensaron que pertencían a úrsidos. Mais entregáronlle o material recollido ao naturalista Johann Karl Fuhlrott e este levóullelos ao anatomista Hermann Schaafhausen. Fuhlrott e Schaafhausen acabaron anunciando a descuberta en 1857 dunha liña de humanos "arcaica", de fósiles de europeos ancestrais.[19] Esa descuberta levou á idea de que desempeñaran unha importante función nas orixes humanas.
No 2007 había descubertos máis de 400 restos de neandertais.[19]
Comparado cos humanos modernos, os neandertais eran máis baixos, arredor de 1'65 m, pero proporcionalmente máis robustos (arredor de 70 kg os machos, e 55 as femias) e posuían faccións morfolóxicas distintas, especialmente do cranio, que gradualmente acumulou aspectos distintos, particularmente debido ao relativo illamento xeográfico. A súa complexión varuda puido ser unha adaptación ao clima frío de Europa durante o Plistoceno.
A continuación inclúese unha lista de trazos físicos que distinguen os neandertais dos humanos modernos; de certa forma, nin todos eles poden ser usados para distinguir poboacións de neandertais específicas, de diversas áreas xeográficas ou períodos de evolución, doutros humanos extintos. Tamén, moitos deses trazos maniféstanse ocasionalmente nos modernos humanos, particularmente en determinados grupos étnicos. Nada se coñece sobre a cor da súa pel, dos seus cabelos, e da forma dos ollos, orellas e labios dos neandertais. Por analoxía, debían ter a pel moi branca, para un mellor aproveitamento da calor nas frías latitudes da Europa plistocénica.
A teoría de que os neandertais carecían dunha linguaxe complexa foi difundida ata 1983, cando un óso hioide de neandertal foi atopado na caverna Kebara en Israel. O óso atopado é practicamente idéntico aos dos humanos modernos. O hioide é un pequeno óso que asegura a raíz da lingua no lugar, un requisito para a fala humana e, desa forma, a súa presenza nos neandertais implica algunha habilidade para a fala.[Cómpre referencia]
Moitos acreditan que mesmo sen a evidencia do óso hioide, é obvio que as ferramentas avanzadas como as do período musteriano, atribuídas aos neandertais, non poderían ser desenvolvidas sen habilidades cognitivas incluíndo algún xeito de linguaxe falada.[Cómpre referencia]
A base da lingua do neandertal posicionábase máis alta na gorxa, deixando a boca máis chea. Como resultado, é ben probable que a fala dos neandertais fose lenta, compasada e nasalizada.[Cómpre referencia]
Os sitios arqueolóxicos dos neandertais do Paleolítico medio mostran un conxunto de ferramentas menor e menos flexible en comparación aos sitios do Paleolítico Superior, ocupados polos humanos modernos que os substituíron.
Hai pequenas evidencias de que os neandertais usaban cornos, conchas e outros materiais óseos para facer ferramentas: a súa industria ósea era relativamente simple. De calquera forma, hai boas evidencias de que eles rutineiramente construían unha variedade de utensilios de pedra. A ferramenta neandertal (musteriana) constaba de sofisticadas ferramentas de pedra lascada, machados manuais para tarefas específicas, e lanzas. Moitas desas ferramentas eran bastante afiadas.
Mesmo tendo armas, eles non as arrebolaban. Tamén posuían lanzas que consistían en grandes eixos de madeira cunha pedra afiada nunha das extremidades firmemente presa; porén, considérase que as lanzas fabricadas para seren lanzadas foron usadas primeiramente polo Homo sapiens.
Aínda que enterraran a maioría dos seus mortos, os funerais dos neandertais eran menos elaborados que os dos anatomicamente modernos humanos.
Os neandertais realizaban un conxunto sofisticado de tarefas normalmente asociados aos humanos soamente. Por exemplo, construían abrigos complexos, controlaban o lume, e sacaban a pel dos animais. Particularmente intrigante é un fémur de óso atopado nunha escavación con catro buratos nunha escala diatónica feitos nel deliberadamente. Esa frauta atopouse na Eslovenia no 1995 próximo a unha fogueira do período musteriano usada polos neandertais, mais o seu significado aínda é controvertido.
A extinción do home de neandertal non está esclarecida, mais persisten varias hipóteses, todas elas baseandose no presuposto de que houbo competición co Homo sapiens, que se mostrou mais adaptado, considerando a supervivencia da especie.
Algúns autores[quen?] consideran que o feito de o home de Neandertal non ter evolucionado durante cerca de 200 000 anos en termos de cultura material fai supor unha intelixencia práctica baixa, a pesar do seu cerebro ter sido maior que o do home moderno (de feito, nada se sabe canto á organización fisiolóxica e neurolóxica dos neandertais).
Outra hipótese céntrase na baixa mobilidade das súas poboacións, atestada pola reducida área xeográfica onde se estabeleceron, ben como pola súa constitución ósea, de sección circular, adaptada ao esforzo mais pouco adecuada a unha locomoción áxil, como acontece no caso do Homo sapiens con ósos de sección oval.[Cómpre referencia] Esta reducida mobilidade terá mantido as poboacións nun certo estado de inercia debido á falta de estímulos proporcionada por un nicho ecolóxico que garantía as necesidades básicas de supervivencia, sen grandes alteracións climáticas. Outros autores refiren a falta de variedade xenética que tería decorrido da consanguinidade, debido a un crecente illamento social e comunitario, talvez como reacción a contactos hostís co home moderno.
Outros autores avanzan coa hipótese do tempo de xestación ser maior no caso dos neandertais (talvez 12 meses en vez dos 9 no caso do Homo sapiens), o que explicaría unha maior dificultade en reproducirse.
Colin Tudge, por outro lado, propón que o home moderno estaría máis adaptado debido a un comportamento prospectivo en relación á xestión dos recursos naturais, que este autor designa como protoagricultura. Isto quere dicir que terían un comportamento recolledor sustentábel que incluiría a caza -apoiada na manutención das poboacións que cazaba- e na recolección de produtos vexetais como complemento alimentario, para non ficar tan dependente da caza. O home de Neandertal tería sido, segundo esta hipótese, un cazador puro que tería depredado os seus recursos, o que tería implicado a súa extinción.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.