filme de 1950 dirixido por Akira Kurosawa From Wikipedia, the free encyclopedia
Rashomon (羅生門 Rashōmon?) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1950. Está protagonizado por Toshiro Mifune, Masayuki Mori, Machiko Kyō e Takashi Shimura.
Rashomon | |
---|---|
Póster do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rashomon |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Minoru Jingo |
Guión | Akira Kurosawa Shinobu Hashimoto |
Baseado en | Historias de Ryūnosuke Akutagawa |
Intérpretes | Toshiro Mifune Masayuki Mori Machiko Kyō Takashi Shimura Minoru Chiaki |
Música | Fumio Hayasaka |
Fotografía | Kazuo Miyagawa |
Montaxe | Akira Kurosawa |
Estudio | Daiei Film Co., Ltd. |
Distribuidora | Xapón: Daiei Film Co., Ltd. USA RKO Radio Pictures |
Estrea | 25 de agosto de 1950 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Orzamento | $250 000 |
Na rede | |
O filme é coñecido polo seu argumento que envolve a varios personaxes que dan versións diferentes dun mesmo suceso; a súa base é o relato "Yabu no naka" de Ryūnosuke Akutagawa[1] e o nome do filme refírese á enorme porta da cidade de Kyoto.
Rashomon marcou a entrada da cinematografía xaponesa na escena internacional[2] e gañou premios como o León de Ouro no Festival de Venecia en 1951 e un Óscar honorífico en 1952.
O Xapón do século XII. En Kyoto, baixo as portas do derruído templo de Rashomon, gorécense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado de dar morte a un señor feudal e violar á súa esposa. Os detalles do crime son narrados dende o punto de vista do bandido, da muller, do señor feudal -coa axuda dun médium- e do leñador, única testemuña dos feitos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.