pintor indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Raja Ravi Varma (en malayalam രാജാ രവി വര്മ്മ), nado en Kilimanoor o 29 de abril de 1848 e finado en Attingal o 2 de outubro de 1906 foi un pintor indio do estado principesco de Thiruvithamkur, na actual Kerala, no extremo suroeste da India.[1] Está considerado un dos máis grandes pintores da historia da arte india.
Nome orixinal | (ml) രാജാ രവി വര്മ്മ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de abril de 1848 Kilimanoor (en) |
Morte | 2 de outubro de 1906 (58 anos) Attingal (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Travancore (pt) |
Educación | University College Trivandrum (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Itihāsa |
Lugar de traballo | India |
Ocupación | pintor , creador |
Xénero artístico | Retrato |
Lingua | Lingua malayalam e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Fillos | Rama Varma (en) |
Irmáns | C. Raja Raja Varma (pt) |
Alcanzou o recoñecemento pola súa representación de escenas das míticas epopeas do Mahabharata e o Rāmāyaṇa, dous textos épico-relixiosos do século III a. C.
Os seus cadros están considerados entre os mellores exemplos da fusión das tradicións indíxenas coa técnicas da arte académica europeo.
Durante a súa vida, Varma foi recoñecido polas súas pinturas de fermosas mulleres vestidas con sari, que eran presentadas como proporcionadas e elegantes. As pinturas de Varma convertéronse nun motivo importante no kitsch e as súas reproducións atópanse en case todos os fogares de clase media da India.[2]
Raja Ravi Varma naceu co nome de Ravi Varma Koil Thampuran do palacio Kilimanoor, no antigo estado principesco de Thiruvithankur (Travancore) en Kerala. A súa nai, Uma-Iamba Thampuratti (falecida en 1886) foi unha poeta e escritora cuxa obra Párvati suaiam-varam ("O casamento de [a deusa] Uma") foi publicada polo seu fillo Raja Ravi Varma despois da súa morte. Os seus irmáns foron C. Goda Varma (nado en 1854), C. Raja Raja Varma (1860-1933) e Mangala Bayi Thampuratti, que tamén era pintora.
A temperá idade conseguiu o patrocinio económico do seu parente maharaja Ayilyam Thirunal (de Travancore), e a partir de entón iniciouse na capacitación formal.[3] Formouse en acuarela con Suami Rama Naidu e máis tarde en pintura ao óleo co retratista neerlandés Theodor Jenson.
O seu descubrimento en Occidente chegou cando gañou o primeiro premio da Exposición de Arte de Viena, en 1873. As pinturas de Raja Ravi Varma tamén foron enviadas á Exposición Colombiana Mundial, celebrada en Chicago en 1893, onde foi galardoado con dúas medallas de ouro.[4]
Varma viaxou pola India en busca de modelos e temas. A miúdo o seu modelo para as deusas hindús eran mulleres do sur da India, a quen consideraba as máis fermosas. Ravi Varma é particularmente recoñecido polas súas pinturas que representan episodios das lendas de Dushyanta e Shakuntala, e de Nala e Damayanti, do texto épico relixioso Mahabharata.
A representación que fixo Ravi Varma das personaxes mitolóxicas converteuse nunha parte integral da imaxinación hindú. A miúdo foi criticado por un estilo demasiado vistoso e sentimental, mais o seu traballo segue a ser moi popular na India. Moitas das súas pinturas están dispoñibles no palacio Laksmi Vilas, en Vadodara.
Raja Ravi Varma morreu en 1906 á idade de 58 anos.
Raja Ravi Varma estivo casado con Pururuttathi Nal Bhagirathi Amma Thampuran (Kochu Pangi), da casa real de Mavelikara, con quen tivo dous fillos e tres fillas:
Os seus descendentes forman parte da casa real de Mavelikara, mentres dúas das súas netas, incluída a mencionada Sethu Laksmi Bayi, foron adoptadas pola familia real de Travancore, primo da familia da casa Mavelikara. Ben coñecidos entre os seus descendentes son, entre outros:
En 1904, o vicerrei George Curzon (1859-1925), en nome do emperador británico, outorgoulle baixo a medalla de ouro Kaiser-i-Hind. Nese momento o seu nome foi mencionado por primeira vez como "Raja Ravi Varma", sendo nomeado de acordo coa tradición marumakkathayam, co nome do seu tío materno (Raja Raja Varma). A partir de entón sempre se fixo chamar Raja Ravi Varma.
En 1993, o crítico de arte Rupika Chawla e o artista A. Ramachandran realizaron conxuntamente unha grande exposición das obras de Raja Ravi Varma no Museo Nacional de Nova Deli.
Tendo en conta a enorme contribución de Varma á arte da India, o Goberno de Kerala instituíu un premio chamado Rajaravivarma Puraskaram, que se outorga cada ano a persoas que demostran excelencia no campo da arte e a cultura.
O renovado interese por Raia Ravi Varma pódese apreciar no ámbito da cultura popular, en filmes e vídeos musicais, onde comezaron a usar as súas imaxes.
En Mavelikara (estado de Kerala) creouse unha universidade dedicada ás artes plásticas que tamén leva o seu nome. A escola secundaria Raia Ravi Varma en Kilimanoor foi nomeada na súa honra e hai moitas organizacións culturais en todo o estado de Kerala co seu nome.
O seu palacio atópase a seis quilómetros de Ponganadu, a 7 km de Pazhayachanda e 36 km de Trivandrum (capital de Kerala).
En 2008, o cineasta Ketan Mehta dirixiu o filme Rang rasiya sobre a vida de Raja Ravi Varma na que o actor Randip Hooda interpretou o papel do artista.
En 2010, o cineasta indio Lenin Rajendran realizou un filme malayalam chamado Makara-manju ("A néboa de Capricornio"), que narra unha parte da vida de Raja Ravi Varma. Sivan Santhosh desempeñou o papel principal.
A pesar de non ser moi coñecido no resto do mundo, os indios lémbrano como o seu gran pintor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.