empresa de radiotelevisón pública da República de Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia
Raidió Teilifís Éireann[1] (nome oficial en irlandés, en galego Radio Televisión de Irlanda), máis coñecida polas súas siglas RTÉ. É a empresa de radiotelevisón pública da República de Irlanda. Produce programas e retransmisións de televisión, radio e Internet. O servizo de radio comezou o 1 de xaneiro de 1926 baixo o nome de Radio Éireann, mentres que as emisións de televisión comezaron o 31 de decembro de 1961.
Raidió Teilifís Éireann | |
---|---|
Tipo | radiodifusora pública, negocio e empresa |
Data de fundación | 1 de xuño de 1960 |
Nº de empregados | 1.856 (2013) |
Sede | Donnybrook |
País | Irlanda |
Na rede | |
https://www.rte.ie/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Éireann, foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
RTÉ é unha corporación estatutaria controlada por unha autoridade designada polo goberno de Irlanda. A dirección xeral está en mans do Comité Executivo, encabezado polo director xeral. Participa no consorcio de Euronews.
As emisións en Irlanda comezaron no 1926 a través de 2RN en Dublín. Desde ese ano ata xuño de 1960, o servizo 2RN, máis tarde chamado Radio Éireann operou como unha sección do Departamento de Correos e Telégrafos, e os traballadores eran recoñecidos coma funcionarios polo goberno do país.
No ano 1960 RTÉ, baixo o nome Radio Éireann, quedou establecida pola Broadcasting Authority Act (Lei da Autoridade de Retransmisións) de 1960. A empresa foi transferida á nova autoridade que tamén se encargaba do novo servizo de televisión (Télifis Éireann), que operou desde o 31 de decembro de 1961. O nome foi cambiado a Radio Telefís Éireann pola Broadcasting Authority Act de 1966, e ambos servizos (radio e televisión) pasaron a ser coñecidos como RTÉ ese ano.
No ano 2009 a empresa volveu a cambiar o nome de Radio Telefís Éireann a Raidió Teilifís Éireann para reflictir a pronunciación no idioma gaélico do nome. Porén, na entrada da sede central en Dublín continúa o antigo nome gravado en pedra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.