Rafinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dos rafinos (Raphinae) é un clado —considerado xeralmente como unha subfamilia dos colúmbidos— de aves non voadoras extintas, chamadas antigamente didinos (Didini),[1] que habitaron nas illas Mascareñas de Mauricio e Rodrigues.
Máis información RafinosRaphinae, Clasificación científica ...
Rafinos Raphinae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación entre os esqueletos do dodo e do solitario de Rodrigues. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
†Raphus cucullatus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Antiga área de dispersión (en vermello). | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Pechar
O clado contén os xéneros monotípicos Pezophaps e Raphus. O primeiro inclúe a especie Pezophaps solitaria (o solitario de Rodrigues), e o segundo a Raphus cucullatus (o dodo). Estas dúas aves alcanzaron un gran tamaño como resultado do illamiento en illas que estaban libres de depredadores, seguindo a regra de Foster.[2]