orde de aves neognatas que inclúe as pombas e as rulas From Wikipedia, the free encyclopedia
A das Columbiformes (Columbiformes) é unha orde de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que inclúe as pombas, rulas e formas afíns, xunto cos extintos dodo (Raphus cucullatus) e solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria).
Columbiformes Columbiformes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pomba torcaz (Columba palumbus) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
Inclúe 307 especies actuais e 9 extintas en tempos históricos.[1]
A orde foi descrita en 1790 polo ornitólogo inglés John Latham, na súa obra A General Synopsis of Birds.
O nome científico Columbiformes está formado polos elementos do latín científico columb- e -formes, unidos por un -i- epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro é a raíz do xénero tipo, Columba. O segundo e un sufixo do latín científico tirado do latín clásico forma, -ae, "forma".[2] Literalmente: "os que teñen forma de pomba".
Segundo a case totalidade dos autores actuais, a orde é un taxon monotípico, xa que inclúe unha única familia, a dos colúmbidos:[3][4]
Orde Columbiformes Latham, 1790
A familia dos pteróclidos, anteriormente incluída nesta orde, clasifícase separadamente na orde dos pterocliformes;[1] no entanto, outros autores inclúena na orde dos ciconiiformes.[5]
Por outra parte, algúns autores consieran que a orde comprende tamén a familia dos ráfidos. Pero análises osteolóxicos e xenéticos suxiren que a ex-familia dos Raphidae debe considerarse mellor como unha subfamilia, a dos rafinos (Raphinae).[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.