RMS Majestic (1914)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O SS Bismarck foi orixinalmente un transatlántico alemán encargado pola navieira Hamburg America Line (HAPAG) e construído nos estaleiros Blohm & Voss entre 1913 e 1914. Foi o terceiro da clase Imperator e tivo como buques irmáns ao SS Vaterland e ao SS Imperator.
SS Bismarck RMS Majestic HMS Caledonia | |
---|---|
O RMS Majestic, c.1922 | |
Historial | |
Estaleiro | Blohm & Voss, Hamburgo |
Clase | Imperator |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line |
Posta en grella | 1913 |
Botado | 20 de xuño de 1914 |
Viaxe inaugural | 12 de maio de 1922 |
Baixa | 29 de setembro de 1939 |
Características xerais | |
Desprazamento | 56.551 t |
Eslora | 291.3 m |
Manga | 30.5 m |
Potencia | 100.000 cv |
Capacidade | 2.145 pasaxeiros:
|
Unha vez botado en 1914, non chegou a ser completado totalmente debido á entrada de Alemaña na primeira guerra mundial, permanecendo inacabado. Como consecuencia do Tratado de Versalles foi entregado ao Reino Unido en compensación polo afundimento do buque hospital HMHS Britannic. Remodelado, completado e renomeado como RMS Majestic a partir de 1922 foi catalogado como o buque máis grande do mundo. O Majestic serviu para a empresa White Star Line.
Máis tarde, no 1936, a White Star vendeu o buque á Royal Navy que o renomeou como HMS Caledonia destinándoo a buque de adestramento de novos cadetes, ata que un incendio o destruíu parcialmente en setembro de 1939, afundindo preto das costas de Escocia. Finalmente, os seus restos foron desmantelados en 1943.