lonxitude máxima do casco dun barco medido paralelamente á liña de flotación From Wikipedia, the free encyclopedia
A eslora é a medida lonxitudinal dun barco tomada desde a proa ata a popa.
A eslora mídese paralelamente á liña de auga do deseño, entre dous planos perpendiculares á liña de cruxía. Un plano pasa pola parte máis saínte da popa da embarcación e o outro pola parte máis saínte da proa.
Inclúense todas as partes estruturais ou integrais, como son proas ou popas, amuradas e unións do casco coa cuberta. Exclúese o púlpito de proa, tendo en conta que o plano de referencia pasa polo punto de intersección da cuberta coa roda. Tamén se exclúen todas as partes desmontables que poidan selo de xeito que non se destrúa ou afecte á integridade estrutural da embarcación.
A teoría do buque distingue entre:
A eslora de flotación está relacionada coas capacidades de navegación do navío. Esta determina a velocidade máxima que pode acadar un navío con casco de desprazamento. A eslora total emprégase a efectos civís (cálculo de primas de seguro etc.) e para determinar o espazo necesario para atracar nun peirao e outras aplicacións similares. Todas as medidas lonxitudinais a bordo reciben o nome de eslora, polo tanto fálase da eslora dun zapón ou dunha bodega etc.
Existindo distintas definicións de eslora e o uso que delas se fai a Organización Marítima Internacional adoptou unha defición que foi ratificada polos países membros de xeito que a eslora tómase como o 96% da eslora total nunha liña de flotación situada a unha distancia da quilla igual ao 85% do puntal mínimo de trazado, medida dende o canto alto desta quilla, ou a eslora dende a cara de proa da roda (na proa do buque) ata o eixo da mecha do temón (na popa do buque) na dita flotación, se esta fose maior.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.