From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rāmāyaṇa (en escritura devanágari : रामायण)[1], é dicir en sánscrito A viaxe de Rāma, é a máis breve das dúas epopeas mitolóxicas en lingua sánscrita, compostas entre os séculos -III e III. Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O Râmâyana é, como o Mahābhārata, un dos escritos fundamentais do hinduísmo e da mitoloxía hindú. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario Valmiki (ao que chaman Adi kavi, o Primeiro poeta), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros. A épica é parte da itihasa (ou "historia") hindú.
Rāmāyaṇa | |
---|---|
Título orixinal | रामायण |
Autor/a | Vālmīki |
Lingua | Lingua sánscrita |
Xénero(s) | Epopea e poesía |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Rāmāyaṇa comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a Vishnu e lle lembra a súa responsabilidade.
O Rāmāyaṇa conta o nacemento e educación do príncipe Rāma que é o sétimo avatar do deus Vishnu, a conquista de Sîtâ e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.
Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en Ayodhya, acompañado por Sîtâ e o seu irmán Lakshmana. Logo o demo Râvana rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de Sri Lanka, pero que algúns autores como Louis Frédéric sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a Heptanesia de Tolomeo – que están na orixe da cidade de Mumbai). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de Hanuman, xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a Rāma levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán Valmiki (personaxe que a tradición identifica como o autor do Rāmāyaṇa). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.
O Râmâyana comprende sete libros:
O Rāmāyaṇa contén numerosos relatos védicos pero non é exclusivamente relixioso. Contén en efecto relatos lendarios, míticos ou cosmogónicos (formación da Terra segundo os brahmáns). A súa recitación ten valor de devoción na relixión brahmánica e algunha das súas escenas aparecen no teatro bailado da India meridional chamado kathakali.
Fica aínda moi popular, son só na India actual, senón tamén en Indonesia, e a súa historia é moi coñecida no resto da Asia suroriental (Camboxa, Tailandia, Malaisia, Myanmar, Laos...) grazas ás numerosas traducións ás linguas vernáculas e ás recensións, das cales a máis famosa é do poeta indio Tulsi Das que data do século XVI.
O escritor e xornalista indio Ashok K. Banker[2] fixo unha reescritura do Ramayana na forma dunha serie de novelas do xénero fantástico en sete tomos, O Ramayana.
No campo da animación asiática, o Rāmāyaṇa foi obxecto dunha adaptación en longametraxe de animación indo-xaponesa, Ramayana: The Legend of Prince Rama, realizada por Yugo Sako e Ram Mohan e saída en 1992. En 2005 sae unha nova adaptación en animación, desta vez americana: Sita Sings the Blues, realizada por Nina Paley, que ten merecido varias distincións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.