Itihāsa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Itihāsa

Itihasa ou Itihaasa (en sánscrito: इतिहास, tamén transcrito Itihaasah, Itihāsa e Iti-hasa) significa literalmente "así foi" ou "iso sucedeu" e refírese á colección de descricións escritas de eventos importantes dentro do Hinduísmo, incluíndo obras como o Ramayana e o Mahabharata.[1][2][3]

Thumb
Representación de Ganesha a escrever o Mahabharata.

Estas historias adoitan ser poemas épicos que se compoñen en forma de poesía para facilitar a súa memorización e transmisión oral.[4] Escavacións modernas e probas arqueolóxicas mostran que estas épicas indias se corresponden ás veces con historia real. A autenticidade histórica destas epopeas é un tema de debate continuo entre académicos.[5][6]

O significado orixinal de Itihasa é máis preciso que a palabra historia comunmente utilizada hoxe, indicando un relato que se supón que ten unha base histórica, aínda que está contada de forma lendaria ou tradicional.[3]

Funcións tradicionais

Na formación dun príncipe antigo, segundo o Arthashastra de Chanakya, Itihasa defínese xunto con textos como os Purāṇas e outras obras literarias como parte do seu currículo educativo.[3]

Engloba varios tipos de narrativas e sabedorías, incluíndo:

  • Puraana: Contos, lendas e mitos.
  • Itivrtta: Feitos e historias, similares a libros de Historia.
  • Akhyayika: Contos que se supón que teñen algún fondo de verdade.
  • Udaaharana: Exemplos ou estudos de casos para ensinanzas morais ou prácticas.
  • Dharmashastra: Normas sobre como levar unha vida xusta e moral.
  • Arthashastra: O estudo do goberno e da administración, algo así como ciencia política ou economía.

Estes elementos compoñen o Itihasa, e pretende que quen os lea ou escoite poida aprender e aplicar as leccións na súa vida. Esta idea vese reflectida no traballo de Kalhana, un historiador do século XII que escribiu que a historia non só relata eventos pasados, senón que tamén ofrece consellos e ensinos para vivir mellor a vida, cumprindo con Dharma (deberes e ética) e buscando Moksha ou Samsara (liberación ou iluminación espiritual).[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.