From Wikipedia, the free encyclopedia
Pseudorhombus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]
Pseudorhombus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pseudorhombus spinosus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Trátase dun xénero de peixes planos que comprenmde varias especies que presentan unha boca dotada de grandes dentes e que, coa excepción de P. binii, encontrado nas augas do Pacífico suroriental, nas costas do Perú,[2] habitan na rexión Indo-Pacífica. A especie máis grande do xénero alcanza os 40 cm de lonxitude.[3]
Algunhas das súas especies son de interese pesqueiro.
O xénero foi descrito en 1862 polo médico e ictiólogo danés Pieter Bleeker,[1] nun trabllo publicado en Versl. Meded. Akad. Wet. Amsterdam, 13, 426.[4]
O nome Pseudorhombus está formado polo elemento do latín científico pseudo-, derivado do grego antigo ψεῦδος pseữdos, "falso", e do nome específico rhombus, do peixe Scophthalmus rhombus (o curuxo), para indicar que, aínda que parecidos, non son igguais. Pola súa parte, rhombus, "rombo", deriva do grego antigo ῥόμβος rhómbos, que significa "algo que xira",[5] que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "xirar en redondo e redondo",[6] palabra que foi utilizada por Euclides e Arquimedes, queusaron o termo "rombo sólido" para describir a figura de dous conos que compartían a base, da que deriva o noso "rombo", figura xeométrica".[7]
Ademais de polo nome Pseudorhombus que lle deu Bleeker, o xénero coñécese polo sinónimo Spinirhombus Oshima, 1927 (rombo espiñento).[1]
Na actualidade dentro do xénero Pseudorhombus a Fishase recoñece as seguintes 25 especies:[3]
Porén, outras autoridades, como o WoRMS e a EOL, admiten unha especie máis.[1][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.