From Wikipedia, the free encyclopedia
O proxecto HAARP (do inglés High Frequency Active Auroral Research Program , Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia) é unha investigación financiada pola Forza Aérea dos Estados Unidos, a Armada, a Defense Advanced Research Projects Agency (DARPA) e a Universidade de Alasca,[1] para "entender, simular e controla-los procesos ionosféricos que poderían cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixilancia" (tales como a detección de mísiles).[2] Iniciouse en 1993 para unha serie de experimentos durante vinte anos. É similar a numerosos quentadores ionosféricos existentes en todo o mundo, e ten un gran número de instrumentos de diagnóstico que se usan para mellora-lo coñecemento científico da dinámica ionosférica.
Proxecto HAARP | |
---|---|
Tipo | programa de pesquisa |
En | Alasca |
País | Estados Unidos de América |
62°23′30″N 145°09′00″O | |
Na rede | |
http://www.haarp.alaska.edu e https://haarp.gi.alaska.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a evolución do ROTHR, e como o seu predecesor componse de estacións de fragas de antenas que emiten constantemente nunha frecuencia que pode ser sintonizada por receptores de radio en todo o mundo (6,965 Mhz). Tense constancia de que non só emite nesa frecuencia unha serie aparentemente aleatoria de números senón que a súa capacidade transmisora pode ser utilizada para comunicacións en todo o mundo sen necesidade de satélites pero imitando o comportamento destes.
O funcionamento baséase na emisión de ondas electromagnéticas que rebotan na ionosfera e desprázanse a calquera lugar do globo.
As instalacións principais áchanse en Gakona, Alasca, na Estación de Investigación de HAARP (en inglés, HAARP Research Station), O principal dispositivo da Estación HAARP é o Instrumento de Investigación Ionosférica (IRI, polas súas siglas en inglés), un potente radiotransmisor de alta frecuencia que se emprega para modificar as propiedades nunha zona limitada da ionosfera. Os procesos que ocorren en dita zona son analizados mediante outros instrumentos, tales como radares UHF, VHF e de sondaxe dixital, e magnetómetros de saturación e de indución. Aínda que a Estación HAARP empezou a funcionar en 1993, o IRI actual opera desde o ano 2007 e o seu contratista principal foi BAE Advanced Technologies.
Ata 2008, HAARP gastara aproximadamente 250 millóns de dólares, financiados con impostos para a súa construción e custos operacionais.[3]
A Estación HAARP atópase cerca de Gakona, Alasca (lat. 62°23'36" N, long 145°08'03" W), ao oeste do Parque Nacional Wrangell-San Elías. Tras realizar un informe sobre o impacto ambiental, permitiuse establecer alí unha rede de 180 antenas.[4] A estación construíuse no mesmo lugar onde se encontraban unhas instalacións de radar sobre o horizonte, as cales albergan agora o centro de control da estación, unha cociña e varias oficinas. Outras estruturas máis pequenas albergan diversos instrumentos.
O principal compoñente de HAARP é o Ionospheric Research Instrument (IRI), un quentador ionosférico. Trátase dun sistema transmisor de alta frecuencia (HF) utilizado para modificar temporalmente a ionosfera. O estudo destes datos aporta información importante para entender os procesos naturais que se producen nela.
Durante a investigación ionosférica, o sinal xerado polo transmisor envíase ao campo de antenas, que o transmiten cara ao ceo. A unha altitude entre 100 e 350 km, dito sinal absórbese parcialmente, concentrándose nun volume duns centos de metros de altura e varias decenas de quilómetros de diámetro. A intensidade do sinal de alta frecuencia na ionosfera é de menos de 3 µW/cm2, decenas de miles de veces máis pequeno que a radiación electromagnética natural que chega á Terra procedente do Sol, e centos de veces menor que as alteracións aleatorias da enerxía ultravioleta (UV) que mantén a ionosfera. Non obstante, os efectos producidos polo IRI poden observarse cos instrumentos científicos das instalacións antes mencionadas, e a información que se obtén é útil para entender a dinámica do plasma e os procesos de interacción entre a Terra e o Sol.
O primeiro IRI da estación tiña 18 antenas, organizadas en tres filas de seis antenas cada unha. Esta instalación inicial transmitía 360 kW de potencia, enerxía suficiente para as probas ionosféricas máis básicas. En 1993 aumentouse o número de antenas a 48, ordenadas en seis filas de oito antenas cada unha, cunha potencia de 960 kW. O IRI actual rematouse de construír en 2007, e consta de 180 antenas, organizadas en 15 columnas de 12 unidades cada unha. Provén unha ganancia máxima teórica de 31 dB e teñen unha potencia de 3600 kW, cunha irradiación enerxética máxima de 96 dBW nunha frecuencia de 16 khz.[5]
Cada antena consta dun dipolo cruzado que pode ser polarizado para efectuar transmisións e recepcións en modo linear ordinario (modo O) ou en modo extraordinario (modo X).[6] Cada parte de cada un dos dipolos cruzados está alimentada individualmente por un transmisor integrado, deseñado especialmente para reducir o máximo posible a distorsión. A potencia efectiva irradiada está limitada por un factor maior de 10 á mínima frecuencia operativa. Isto débese ás grandes perdas que producen as antenas e a un comportamento pouco eficiente.[7]
O IRI actual pode transmitir nun rango de frecuencias entre 2,8 e 10 MHz. Este rango está por riba das emisións de radio AM e por debaixo das frecuencias libres. Non obstante, HAARP ten permisos para que o IRI transmita unicamente en certas frecuencias da súa rango. Cando está transmitindo, o ancho de banda do sinal transmitido é de 100 kHz ou menos. Pode transmitir de forma continua ou en pulsos de 100 microsegundos. A transmisión continua é útil para a modificación ionosférica, mentres que a de pulsos serve para usar a instalación como un radar. Os científicos poden facer experimentos utilizando ambos métodos, modificando a ionosfera durante un tempo predeterminado e logo medindo a atenuación dos efectos coas transmisións de pulsos.
O programa HAARP foi obxecto de controversia a mediados dos anos 1990, debido á hipótese de que as antenas da Estación poderían usarse como armamento. En agosto de 2002, a tecnoloxía HAARP tivo unha mención como tema crítico na Duma (parlamento) de Rusia. A Duma elaborou un comunicado de prensa sobre o programa HAARP, escrito polos comités de defensa e asuntos internacionais, asinado por 90 representantes e presentado ao entón presidente Vladimir Putin. O comunicado de prensa indicaba o seguinte:
"Os Estados Unidos están creando novas armas integrais de carácter xeofísico que poden influír na troposfera con ondas de radio de baixa frecuencia... A importancia deste salto cualitativo é comparable á transición das armas brancas ás armas de fogo, ou das armas convencionais ás armas nucleares. Este novo tipo de armas difire das de calquera outro tipo coñecido na que a troposfera e os seus compoñentes convertéronse en obxectos sobre os cales se pode influír".[8]
Curiosamente, o equivalente ruso Sura, é unha instalación similar pero unhas 50 veces máis potente que HAARP (190 MW fronte a 3,6 MW). O Parlamento Europeo, pola súa parte, nunha resolución do 28 de xaneiro de 1999 sobre medio ambiente, seguridade e política exterior (A4-0005/1999),[9] sinalaba que debido aos potenciais efectos das actividades realizadas polo proxecto HAARP, estas eran de transcendencia e envergadura mundial, polo que solicita que sexa obxecto dunha avaliación por parte da STOA no que se refería ás súas repercusións sobre o medio ambiente local e mundial e sobre a saúde pública en xeral. Nesa mesma resolución do Parlamento Europeo, pedíase que se celebrara unha convención internacional para a prohibición mundial de calquera tipo de desenvolvemento e despregue de armas que poidan permitir calquera forma de manipulación de seres humanos.
A capacidade de quenta-la ionosfera e enviar radiacións focalizadas a puntos concretos do mundo pode ser empregada como unha arma xeofísica, é dicir, como unha arma coa capacidade de cambia-lo comportamento da meteoroloxía. En febreiro de 1998, o Parlamento Europeo referíase ó proxecto HAARP como unha inquietude global polo seu impacto sobre o medio ambiente. Así mesmo, o Comité do Parlamento Europeo de Política de Relacións Exteriores, Seguridade e Defensa tentou crear un Libro Verde coas implicacións negativas dos programas militares sobre o medio ambiente que foi rexeitado polos EUA por "carecer o comité de xurisdición".
A emisión á ionosfera de radiacións para quentala pode interferir nas ondas Schumann, ondas naturais que cobren o planeta e coinciden en frecuencia coas vibracións do hipotálamo (7,8 Hz). Sábese dende o comezo da carreira espacial que a presenza destas ondas é fundamental para a vida. Os astronautas, fóra da ionosfera sentían mareos provocados pola falta destas ondas no contorno. Os modernos vehículos espaciais levan xeradores destas ondas.
O xornalista Sharon Weinberger denominou o HAARP; "o Moby Dick das conspiracións".[10][11] O informático escéptico David Naiditch denominouno como "un imán de teorías", xa que foi culpado por accionar catástrofes tales como inundacións, secas, furacáns, tormentas, e terremotos devastadores en Afganistán e as Filipinas dirixido á axitación de terroristas. Naiditch tamén o acusou de diversos acontecementos incluíndo os fallos eléctricos importantes do voo 800 da TWA, da síndrome do Golfo, entre outros. Os teóricos da conspiración tamén suxeriron vínculos entre o HAARP e o traballo de Nikola Tesla. Segundo Naiditch, HAARP é un branco atractivo para os teóricos da conspiración porque "a súa finalidade parece enigmática para os científicos desinformados". Ata o momento, en ningún lugar se demostrou como sería posible que as ondas de radiofrecuencia producidas polo HAARP poden provocar efectos tales como terremotos. Ningún experimento científico avala esta conxectura.
En agosto de 2010, varios físicos rusos acusaron a EUA de estar tras a intensa vaga de calor rusa que orixinou numerosos incendios e duplicou a mortalidade. Afirmaban que o proxecto HAARP non é só un medio de investigación, senón unha potente arma que modifica o campo eléctrico e provoca cambios climáticos a nivel mundial.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.