From Wikipedia, the free encyclopedia
Moby Dick é unha novela de Herman Melville publicada en 1851. O seu título orixinal é Moby-Dick; or, The Whale (literalmente, Moby Dick; ou, a Balea).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Moby Dick | |
---|---|
Portada da primeira edición | |
Título orixinal | Moby-Dick; or, The Whale |
Autor/a | Herman Melville |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Tema(s) | Caza de baleas |
Xénero(s) | Aventuras, mariñeira |
Editorial | Richard Bentley (RU) Harper & Brothers (USA) |
Data de pub. | 18 de outubro de 1851 |
Páxinas | 635 (primeira edición)[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A novela é unha historia épica que narra a loita entre o capitán Achab, do baleeiro Pequod, e a gran balea branca Moby Dick (en realidade, un cachalote [2]), á que aquel persegue a través dos mares.
É unha narración poética e mística, que simboliza a loita do home contra as potencias do mal, encarnadas na balea (quizais unha lembranza do Leviatán bíblico). Achab, ao contrario, é o home que pretende dominar a desorde do mundo, dar un sentido á súa vida, vencer ao mal. Pero non triunfa e morre vítima da balea —ou da súa loucura—. Con gran pesimismo, o autor expresa a súa visión desilusionada do universo, cunha forma influída pola Biblia, Shakespeare e os escritores ingleses do século XVII (sobre todo Thomas Brown). Esta novela, que non tivo éxito en vida do autor, foi, despois da segunda guerra mundial, unha das obras máis lidas da literatura norteamericana e hoxe podería considerarse o máis parecido á grande novela americana.
En 1956 John Houston realizou unha película baseado nesta novela. No 2010, o director Trey Stokes fixo unha adaptación moderna da novela: 2010: Moby Dick.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.