A Arxentina está dividida en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, que acolle a capital federal. Debido á súa estrutura federal, as provincias arxentinas conservan unha ampla autonomía retendo todas as competencias non delegadas á federación. Internamente subdivídense en departamentos, chamados partidos na Provincia de Buenos Aires e comunas na Cidade Autónoma de Buenos Aires. A nivel político, cada provincia conta cun sistema de goberno republicano, democrático e réxese por unha constitución de seu.

Thumb

Historia

Catorce das provincias son preexistentes ao estado nación arxentino, sendo herdeiras das demarcacións coloniais. As provincias orixinais son as seguintes, indícase entre parénteses o ano de unión:

  1. Provincia de Buenos Aires (1820)
  2. Provincia de Catamarca (1821)
  3. Provincia de Córdoba (1820)
  4. Provincia de Corrientes (1814)
  5. Provincia de Entre Ríos (1814)
  6. Provincia de Jujuy (1836)
  7. Provincia de La Rioja (1820)
  8. Provincia de Mendoza (1820)
  9. Provincia de Salta (1836)
  10. Provincia de San Juan (1820)
  11. Provincia de San Luis (1820)
  12. Provincia de Santa Fe (1816)
  13. Provincia de Santiago del Estero (1820)
  14. Provincia de Tucumán (1825)

Con posterioridade á organización nacional da República Arxentina (1853-1860), varios territorios foron incorporados logo de campañas militares sobre os territorios indíxenas do norte (Gran Chaco) e do sur (Patagonia) do país. Estes foron organizados coa denominación de "territorio nacional" e estaban baixo a autoridade dun gobernador designado polo goberno federal.[1] Estes territorios acabaron por ser convertidos en provincias entre mediados do século XX e 1990.[2] As provincias que naceron de antigos territorios nacionais son os seguintes, indícase entre parénteses o ano da provincialización:

Thumb
Provincias da Arxentina. Os territorios en laranxa non están baixo soberanía arxentina efectiva: ou ben forman parte do Reino Unido (Illas do Atlántico Sur) ou trátase dun reclamo en suspenso (Antártida Arxentina)
  1. Provincia do Chaco (1951)
  2. Provincia do Chubut (1955)
  3. Provincia de Formosa (1955)
  4. Provincia de Misiones (1953)
  5. Provincia de Neuquén (1955)
  6. Provincia da Pampa (1951)
  7. Provincia de Río Negro (1955)
  8. Provincia de Santa Cruz (1956)
  9. Provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (1990)

A condición de Buenos Aires como capital da federación e da provincia provocou grandes tensións e problemas que condicionaron á construción do estado nacional arxentino.[3] Finalmente, no 1880, o Presidente da Nación Arxentina, Nicolás Avellaneda, impuxo a federalización da cidade de Buenos Aires segregándoa da provincia homónima e converténdoa nun distrito federal.[4] Dende entón, e ata 1996, a Buenos Aires funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo xefe do Estado da Arxentina coa aprobación do Senado federal.[5] No 1996 mudou o sistema de goberno no marco da reforma constitucional do 1994, sendo partir dese ano a Cidade Autónoma de Buenos Aires con funcións equivalentes ás provinciais.

Listaxe de provincias

Máis información Nº1, Provincia ...
1 Provincia CPA Pob. (2008)[6] Sup. (km²) Capital Bandeira
1Buenos AiresB15.052.177307.804La Plata
2CórdobaX3.340.041168.766Córdoba
3Santa FeS3.242.551133.007Santa Fe de la Vera Cruz
4MendozaM1.729.660150.839Mendoza del Nuevo Valle de La Rioja
5TucumánT1.995.38422.524San Miguel de Tucumán
6Entre RíosE1.255.78778.781Paraná
7SaltaA1.224.022154.775Salta
8MisionesN1.077.98729.801Posadas
9ChacoH1.052.18599.633ResistenciaBandeira do Chaco
10CorrientesW1.013.44388.199San Juan de Vera de las Siete Corrientes
11Provincia de Santiago del EsteroG865.546135.254Santiago del Estero del Nuevo Maestrazgo
12JujuyY679.97553.219San Salvador de Velasco en el Valle de Jujuy
13San JuanJ695.64089.651San Juan de la Frontera
14Río NegroR597.476203.013Viedma
15FormosaP539.88372.066Formosa
16NeuquénQ547.74294.078Neuquén
17ChubutU460.684224.686Rawson
18San LuisD437.54476.748San Luis
19CatamarcaK388.41699.818San Fernando del Valle de Catamarca
20La RiojaF341.20789.680La Rioja
21La PampaL333.550143.440Santa Rosa
22Santa CruzZ225.920243.943Río Gallegos
23Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico SurV126.2121.002.352Ushuaia
Pechar
Máis información Cidade autónoma, CPA ...
Cidade autónoma CPA Pob. (2010) Sup. (km²) Bandeira
Buenos Aires2.890.151203
Pechar

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.