Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur[1][2][3] (en castelán: Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo,[4][5] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010)[Cómpre referencia] e a súa capital é Ushuaia.
Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Capital | Ushuaia | ||||
Contén a división administrativa | Antártida Argentina Department (en) Islas del Atlántico Sur (pt) Río Grande (pt) Tolhuin Department (en) (2017–) Ushuaia (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 185.732 (2022) (0,19 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua yámana Lingua selk'nam | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 987.168 km² | ||||
Altitude | 144 m | ||||
Punto máis alto | Cerro Vinciguerra (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1990 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Tierra del Fuego (en) | Gustavo Melella (en) (2023–2027) | ||||
Órgano lexislativo | Legislature of Tierra del Fuego (en) , (Escano: 15) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AR-V | ||||
Páxina web | tierradelfuego.gob.ar | ||||
O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.[8]
As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland do Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), porén, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Xeorxia do Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio coa Arxentina.
Limita -o seu sector patagónico- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur
A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.
Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.