From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia da Pampa[1][2] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 316.940 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Rosa. Limita ao oeste coa provincia de Mendoza, ao sur co río Colorado que a separa da provincia de Río Negro, ao leste coa de Buenos Aires e ao norte con San Luis e Córdoba. Os límites das provincias da Pampa, Río Negro, Mendoza e Neuquén, atópanse nun punto, na intersección do río Colorado coa traza errónea do meridiano X Oeste de Buenos Aires (68º 15' O).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Capital | Santa Rosa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 361.859 (2022) (2,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 143.440 km² | ||||
Altitude | 279 m | ||||
Punto máis alto | Cerro Negro (Argentina, La Pampa) (en) (1.120 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 20 de xullo de 1951 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of La Pampa Province, Argentina (en) | Sergio Raúl Ziliotto (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | La Pampa Chamber of Deputies (en) , (Escano: 30) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AR-L | ||||
Páxina web | lapampa.gob.ar | ||||
Trátase dunha das provincias máis novas do país, xa que foi recoñecida politicamente en 1952. Até ese ano foi un Territorio Nacional (Territorio Nacional da Pampa), que debido á lei Nº 14037 sancionada na cámara de deputados, o Territorio Nacional da Pampa, xunto ao Territorio Nacional del Chaco transformáronse en provincias pola promulgación de Juan Domingo Perón (entón presidente da Arxentina).
Sitúase no centro do país, contendo as últimas características da pampa húmida (cara ao noroeste), con signos distintivos da Patagonia cara ao oeste e sur, e entre eles unha gran franxa con orientación noroeste-sueste denominada «caldenal», zona que alberga bosques de caldén, unha árbore que conta nesta provincia co seu centro de dispersión mundial.
A provincia atópase dividida en 22 departamentos, 58 municipios, 21 comisións de fomento e un ente comunal. Os municipios e comisións de fomento son independentes dos departamentos e en xeral abarcan territorios de máis dun, chegando nun caso a catro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.