![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Onycophora.jpg/640px-Onycophora.jpg&w=640&q=50)
Protóstomos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os protóstomos ou protostomados son unha agrupación (clado) de superfilos do Reino Animal.
Protóstomos Protostomia | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Un onicóforo | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Superfilos e Filos | |||||||
|
O seu nome está formado polos elementos do latín científico proto- e -stomia (ou -stomata) tirados do grego antigo πρῶτος prōtos, 'primeiro' e στόμα stóma, 'boca', respectivamente.
Xunto cos deuteróstomos, forman as dúas grandes ramas en que se dividen os bilaterais (Bilateria). A separación destas dúas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a explosión cámbrica (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa filos protóstomos e deuteróstomos diferenciados.
A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da boca. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do blastóporo embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.[1]
Os xenes que se empregan na construción embrionaria da boca dos acelomorfos son os mesmos que os que se expresan pola boca do protóstomo.[2] Tamén, en todos os protóstomos, o celoma resulta dunha escisión do mesoderma, e o sistema nervioso é unha estrutura dupla e ventral.