Nemertinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dos nemertinos (Nemertea) e un filo que agrupa animais invertebrados de forma alongada e algo aplanada, motivo polo cal recibiron o nome de vermes cinta,[3] e caracterizados por posuíren un órgano característico, a probóscide ou trompa, evaxinable.
Nemertinos (Nemertea) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lineus geniculatus coa probóscide evaxinada | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Clases[1] | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
O seu nome deriva do grego Nemertes, que era unha das mitolóxicas Nereidas, fillas de Nereus (Νηρεύς) e de Doris (Δωρίς), unha Oceánide (ninfa mariña)
Os nemertinos, en xeral, miden menos de 20 cm de longo, pero o seu tamaño pode oscilar entre os 5 mm e máis de 30 m de lonxitude, como é o caso do Lineus longissimus que se pode atopar, entre outros sitios, na costa galega. Pero existen especies de ata 50 m ou 60 m de lonxitude, o que faría destes exemplares os de maior lonxitude do mundo.
Son de vida libre, acuáticos, a maioría mariños, cun pequeno número de especies dulciacuícolas e outro aínda menor de hábitos terrestres.[4] Outros xéneros ben coñecidos son Prostoma e Geonemerfes.
O tipo comprende máis de 1.400 especies vivas,[5] distribuídas en dúas clases, Anopla e Enopla.
O grupo dos Nemertea tamén recibe outras denominacións sinónimas, que están sendo progresivamente abandonadas como son Nemertina, Nemertinea, Nemertini ou Rhynchocoela.