Proteína tau
Proteína microtubular que abunda nas neuronas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As proteínas tau (ou proteínas τ) son proteínas asociadas aos microtúbulos que teñen a función de estabilizalos. Son abundantes nas neuronas do sistema nervioso central e son menos comúns noutros tecidos, pero tamén se expresan en niveis moi baixos nos astrocitos e oligodendrocitos do sistema nervioso central.[1] As patoloxías e demencias do sistema nervioso como a enfermidade de Alzheimer poden orixinarse cando as proteínas tau son defectuosas e non poden estabilizar os microtúbulos apropiadamente.
Fragmento da proteína MAPT unida ao dominio WWW da proteína PIN1 (de PDB 1I8H) | |
Proteína asociada aos microtúbulos tau | |
Identificadores | |
Símbolo | MAPT ; DDPAC; FTDP-17; MAPTL; MSTD; MTBT1; MTBT2; PPND; TAU |
Entrez | 4137 |
HUGO | 74962 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001116538 |
UniProt | P10636 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 17 q21 |
As proteínas tau son o produto do splicing alternativo do transcrito dun só xene que nos humanos se denomina MAPT (proteína asociada aos microtúbulos tau).[2][3] Descubríronse en 1975 no laboratorio de Marc Kirschner na Universidade de Princeton.[4]