From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha demencia[1] é un conxunto de patoloxías do sistema nervioso central que producen un déficit, en termos xerais progresivo e irreversible, que condiciona perda de funcións cerebrais superiores (memoria, linguaxe, razoamento etc.) e outras habilidades previamente adquiridas, pero mantendo un nivel de consciencia normal.
Demencia | |
---|---|
Litografía dun home diagnosticado con demencia en 1800 | |
Especialidade | psiquiatría, neuroloxía, neurociencia |
Causas | razóns biolóxicas (envellecemento) ou patolóxicas (dexeneración, enfermidade lesional, trastornos vasculares) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As demencias son pouco comúns en individuos menores de 50 anos, e nas demencias precoces adoita haber unha ou múltiples alteracións xenéticas predispoñentes ou causantes. A frecuencia aumenta exponencialmente coa idade, chegando ata o 22% en maiores de 85 anos.
A demencia máis frecuente é a enfermidade de Alzheimer, que produce un curso progresivo en anos, con alteracións na memoria, aprendizaxe, linguaxe, recoñecemento e nas etapas finais, alteracións motoras semellantes á enfermidade de Parkinson e mesmo convulsións tónico-clónicas.
Outras demencias frecuentes son:
O diagnóstico da maioría das demencias é clínico, xa que non existen marcadores biolóxicos aptos hoxe en día. As probas neuropsicolóxicas poden ser de axuda. É preciso, non obstante, descartar causas de demencias tratables mediante unha análise de sangue, medición dos niveis de ácido fólico e seroloxía luética. Os probas de neuroimaxe axudan a descartar outras enfermidades do sistema nervioso central, coma a hidrocefalia do adulto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.