Prinsenhof de Delft
From Wikipedia, the free encyclopedia
Prinsenhof (en galego: "a corte do príncipe") é un pazo urbano de orixe medieval situado na praza de Santa Ádega (en neerlandés: Sint Agathaplein), ao pé da canle Oude Delft, na zona histórica da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Museum_Prinsenhof_Delft_01.jpg/640px-Museum_Prinsenhof_Delft_01.jpg)
- Para outros edificios denominados Prinsenhof noutras localidades dos Países Baixos, ver a páxina de homónimos Prinsenhof.
Datos rápidos Prinsenhof (antigo Mosteiro de Santa Ádega), Datos xerais ...
Prinsenhof (antigo Mosteiro de Santa Ádega) | |
---|---|
Vista desde o suroeste. Ao fondo, a torre da Igrexa Vella | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Tipo | Antigo convento de monxas e actual museo |
Advocación | Santa Ádega |
Localización | ![]() |
Coordenadas | 52°00′42″N 4°21′16″L |
Catalogación | Rijksmonument (12029) |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | ![]() |
Arquitectura | |
Construción | 1403 |
Estilo | Arquitectura gótica |
Páxina web | http://prinsenhof-delft.nl |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Orixinariamente tratouse dun convento e desde 1911 utilízase como lugar de exposición da pintura holandesa dos séculos XVI e XVII.[2] É por este motivo polo que tamén se coñece como Museo Prinsenhof.[3]
O edificio adquiriu relevancia por ter servido de residencia ao Príncipe Guillerme o Taciturno, onde foi asasinado en 1584.