From Wikipedia, the free encyclopedia
A canle Oude Delft (en galego: "canle vella de Delft") é a máis antiga das canles que sucan a vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Corre en sentido norte a sur e atravesa a parte occidental da cidade. A canle dálle o nome, tamén, á súa rúa anexa.[1]
É probable que a antiga delf (unha palabra do neerlandés antigo que significa "canle") fose escavada arredor do ano 1100, cando a cidade de Delft aínda non existía, e daquela serviría para liberar os terreos circundantes do exceso de humidade. Supuña unha ampliación dunha parte do sistema de canles do río Gantel, que une as vilas de Monster e Poeldijk.
Cando a finais do século XII se escavou unha segunda gabia paralela á primitiva, empezáronse a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft e Nieuwe Delft ("canle nova"). Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.
Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación da segunda canle, constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional Rijksmonument.[2]
Estes son algúns dos edificios máis importantes situados ás beiras da canle Oude Delft:[3]
De norte a sur:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.