Principado de Tarento
estado do sur de Italia creado no século XI From Wikipedia, the free encyclopedia
O Principado de Tarento foi un estado no sur de Italia creado en 1085 por Bohemundo I, o fillo máis vello de Robert Guiscard de Hauteville duque de Apulia, Calabria e Sicilia, como parte da paz entre el e o seu irmán máis novo, Roger Borsa despois dunha disputa sobre a sucesión ao Ducados de Apulia e Calabria.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1088 | |||
Disolución | 1465 | |||
Tarento converteuse na capital do principado, que cubría case todo o calcañar de Apulia. Durante os seguintes 377 anos de historia, ás veces era un feudo poderoso e practicamente independente do Reino de Sicilia (e despois do Reino de Nápoles), ás veces só era un título, dado a miúdo ao herdeiro da coroa ou ao esposo dunha raíña reinante. Cando a Casa de Anjou foi dividida, Tarento recaeu na casa de Durazzo (1394-1463).
Fernando I de Nápoles uniu o Principado de Tarento ao Reino de Nápoles á morte da súa esposa, Isabel de Tarento. O principado chegou ao seu fin, pero os reis de Nápoles continuaron dando o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, primeiramente ao futuro Afonso II de Nápoles, o fillo máis vello de Isabel.
Territorio
En 1086 os territorios cedidos a Boemundo correspondían, ademais da cidade de Tarento, aos territorios do condado de Conversano e todo o Salento, agás Lecce e Ostuni[1] No curso dos anos o Principado de Tarento desmembrouse varias veces, ben porque os seus príncipes, para recompensar os servizos feitos polos seus cabaleiros, doaban parte dos seus dominios, ben porque os soberanos napolitanos, temerosos do poder do Principado, lles substraían territorios que logo lles entregaban aos seus baróns. Despois de 1399, de feito, coa titularidade do Principado pasada a Raimundo Orsini des Baux, os dominios do Principado se sumaron aos do Condado de Lecce, do condado de Soleto e algunhas baronías e señoríos en Terra de Lavoro e Terra de Bari.
1399-1406 | 1414-1421 | 1421-1446 | 1446-1459 | 1459-1462 |
---|---|---|---|---|
Tarento | Tarento | Tarento | Tarento | Tarento |
Ginosa | Ginosa | Ginosa | Ginosa | Ginosa |
Martina Franca | Martina Franca | Martina Franca | Martina Franca | Martina Franca |
Mottola | Mottola | Mottola | Mottola | Mottola |
Palagiano | Palagiano | Palagiano | Palagiano | Palagiano |
Castellaneta | Castellaneta | Castellaneta | Castellaneta | Castellaneta |
Francavilla Fontana | Francavilla Fontana | Francavilla Fontana | Francavilla Fontana | Francavilla Fontana |
Oria | Oria | Oria | Oria | Oria |
Ostuni | Ostuni | Ostuni | Ostuni | Ostuni |
Gallipoli | Gallipoli | Gallipoli | Gallipoli | Gallipoli |
Otranto | Otranto | Otranto | Otranto | Otranto |
Ugento | Ugento | Ugento | Ugento | |
Nardò | Nardò | Nardò | Nardò | |
Massafra | Massafra | Massafra | Massafra | |
Matera | Matera | Matera | ||
Laterza | Laterza | Laterza | ||
Pulsano | Pulsano | Pulsano | Pulsano | |
Leporano | Leporano | Leporano | Leporano | |
Avetrana | Avetrana | Avetrana | Avetrana | |
Castellana | Castellana | Castellana | Castellana | |
Polignano | Polignano | Polignano | Polignano | |
Casarano | Casarano | Casarano | Casarano | |
Poggiardo | Poggiardo | Poggiardo | Poggiardo | |
Giurdignano | Giurdignano | Giurdignano | Giurdignano | |
Scorrano | Scorrano | Scorrano | Scorrano | |
Nociglia | Nociglia | Nociglia | Nociglia | |
Gioia del Colle | Gioia del Colle | |||
Venosa | ||||
Príncipes de Tarento
- Dinastía de Hauteville:
- 1088 - Bohemundo I (1054-1111), máis tarde Bohemundo I príncipe de Antioquía.
- 1111 - Bohemundo II (1108, 1130), tamén príncipe de Antioquía.
- 1128 - Roxerio II (1093-1154), duque de Puglia, despois rei de Sicilia, unificador do Sur de Italia.
- 1132 - Tancredo (morto 1138), fillo de Roxerio II, recibe o principado do seu pai.
- 1138 - Guillerme I o Malo, despois rei de Sicilia, fillo de Roxerio II, convértese en príncipe de Tarento á morte do seu irmán Tancredo.
- 1144 - Simón, fillo de Roxerio II, convértese en príncipe de Tarento cando o seu irmán Guillerme se converte en príncipe de Capua e duque de Puglia.
- 1157 - Guillerme II o Bo, despois rei de Sicilia.
- 1189 - Tancredo conde de Lecce, despois rei de Sicilia.
- 1194 - Guillerme III, rei de Sicilia (deposto), conde de Lecce.
- Dinastía de Hohenstaufen (Suabia ):
- 1194 - Rei Henrique VI, Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Sicilia.
- Dinastía de Frangipane:
- Dinastía de Brienne:
- 1200 - Gualterio III de Brienne, marido de María (ou Albinia ou Elvira) de Lecce, filla do último rei normando, Tancredo de Sicilia.
- Dinastía de Hohenstaufen (Suabia ):
- 1205 - Frederico II, rei de Sicilia e Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1250 - Manfredo de Sicilia, fillo de Frederico II, despois tamén rei de Sicilia.
- Dinastía de Anjou:
- 1266 - Rei Carlos I (1227-1285), derrota a Manfredo e é coroado rei de Sicilia.
- 1285 - Rei Carlos II (1248-1309), fillo de Carlos I, rei de Nápoles.
- 1294 - Filipe I (1278-1332), fillo de Carlos II, e titular do Imperio Latino.
- 1332 - Roberto (1299-1364), fillo de Filipe I.
- 1346 - Lois (1308-1362), fillo de Filipe I e á vez rei de Nápoles .
- 1364 - Filipe II (1329-1374), fillo de Filipe I e titular do Imperio Latino.
- 1356 - Filipe III, fillo de Filipe II, morreu novo e o título volveu ao seu pai.
- Dinastía des Baux:
- 1374 - Xaime des Baux, sobriño de Filipe II e titular do Imperio Latino.
- Dinastía de Brunswick-Grubenhagen (Este Del Guelfo):
- 1383 - Odón IV de Brunswick-Grubenhagen (1320-1398), viúvo de Xoana I de Nápoles.
- Dinastía Orsini-Des Baux (cos Anjou-Durazzo):
- 1399 - Raimundo Orsini Des Baux, tamén coñecido como Raimondello, marido de María de Enghien, herdeiro dos Brienne.
- 1406 - Ladislau de Durazzo, rei de Nápoles, segundo marido de María de Enghien.
- 1414 - Xaime II de Borbón conde de La Marche, marido de Xoana II de Nápoles e por breve tempo rei consorte.
- 1420 - Xoán Antonio Orsini des Baux, fillo de María e Raimondello.
- 1463 - Isabel de Clermont, sobriño de Xoán Antonio.
- 1465 - Fernando I de Nápoles , tamén coñecido como Rei Ferrante, á morte da súa muller Isabel une o principado de Tarento co Reino de Nápoles. Foi a partir do seu primoxénito, o daquela duque de Calabria e futuro Afonso II, cando se fai costume entre os reis Nápoles atribuír o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, malia ter desaparecido de feito o principado.
- Dinastía de La Trémoille por sucesión de Anna de Laval:
- Lois III de La Trémoille, (1521 - 1577) príncipe de Talamonte e de Tarento, conde de Taillebourg e Benon.
- ..., rama extinta o 9 de decembro de 1933.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.