Primeira división española 2006/07
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada da 2006–07 da Primeira División foi a 82ª edición da máxima categoría do fútbol español. Comezou o 27 de agosto de 2006 e terminou o 17 de xuño de 2007 co triunfo do Real Madrid, que conseguiu o seu 30º título. Nesta competición participaron dous equipos galegos, o Deportivo da Coruña, que rematou 13º, e o Celta de Vigo, que descendeu tras rematar no 18º posto. Durante o verán de 2006, equipos como o Real Madrid, o Valencia CF ou o Sevilla FC reforzáronse coa intención de destronar ao FC Barcelona, campión das dúas ligas anteriores (tempadas 2004–05 e 2005–06). Na penúltima xornada de liga, o Real Madrid e o Barcelona chegaron empatados a puntos e coa diferenza de goles a favor dos brancos. Ambos partidos foron xogados á mesma hora ao estar título en xogo. No minuto 89 o Barcelona gañaba 2-1 ao Español e o Real Madrid perdía polo mesmo resultado na Romareda ante o Zaragoza. Neste minuto Ruud van Nistelrooy, empatou o encontro para o Real Madrid e 18 segundos despois, Raúl Tamudo puxo tamén o 2-2 no Camp Nou deixando ao Real Madrid de novo líder faltando xa só a última xornada.[1]
Tipo | Primeira División Española |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Liga inferior | Segunda división española 2006/07 |
Número de participantes | 20 |
Participantes | |
Real Madrid Club de Fútbol, Futbol Club Barcelona, Sevilla Fútbol Club, Valencia CF, Villarreal Club de Fútbol, Real Zaragoza, Atlético de Madrid, Recreativo de Huelva, Getafe CF, Racing de Santander, RCD Espanyol, RCD Mallorca, Deportivo da Coruña, Club Atlético Osasuna, Levante UD, Real Betis Balompié, Athletic Club, Real Club Celta de Vigo, Real Sociedad de Fútbol e Gimnàstic de Tarragona | |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2006-2007 |
Intervalo de tempo | 27 de agosto de 2006 – 17 de xuño de 2007 |
Número de edición | 76 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid Club de Fútbol |
Datos estatísticos | |
Partidos | 380 |
Goles | 942 |
O Real Madrid rompeu así unha racha negativa de catro anos sen títulos, a máis longa da súa historia.[2]