club de fútbol español From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sevilla Fútbol Club, S.A.D. é o club de fútbol decano da cidade de Sevilla, en Andalucía, e o vicedecano do fútbol español, fundado en 1890. Actualmente, milita na Primeira división española. Está clasificado na 7ª posición na clasificación histórica da Primeira división.[1]
Sevilla | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sevilla Fútbol Club, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Sevillistas, Rojiblancos, Filigranas, Nervionenses | |||
Fundación | 25 de xaneiro de 1890 (134 anos) | |||
Estadio | Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla, España | |||
Inauguración | 1958 | |||
Capacidade | 43.883 | |||
Presidente | José María del Nido Carrasco | |||
Adestrador | Quique Sánchez Flores | |||
Liga | Primeira División | |||
2022–23 | 12º | |||
Vestimenta | Castore | |||
Na rede | ||||
http://www.sevillafc.es | ||||
| ||||
Foi premiado pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol como mellor club do mundo en 2006 e 2007, sendo o único equipo en conseguir devandita distinción dous anos consecutivos.
É o equipo andaluz con máis títulos nacionais (1 Liga, 5 Copas do Rei e 1 Supercopa) e o único que ten nas súas vitrinas varios títulos internacionais oficiais (6 Europa Leagues e 1 Supercopa de Europa). Tamén é o club de devandita comunidade que máis veces militou en Primeira División e o único que chegou a ser considerado o mellor club do mundo pola IFFHS, entrando no Top 25 no ano 2006.[2] Ademais ten sete títulos europeos, sendo, xunto ao Málaga CF, os únicos clubs de Andalucía que teñen un título internacional.
O Sevilla FC posúe dous himnos oficiais:
Dende a súa fundación, o equipo utilizou un escudo de dobre círculo. No exterior estaba escrito o nome do club e a data da súa fundación: «SEVILLA FOOT-BALL CLUB 1905». O círculo interior, con fondo branco, tiña debuxadas as letras SFC entrelazadas entre si, tal e como aparecen no escudo actual. Este primeiro escudo foi deseñado por Juan Lafita, persoa moi vinculada á entidade, e fillo do pintor sevillano José Lafita y Blanco.
O segundo escudo foi deseñado en 1922 por Pablo Rodríguez Blanco, da Compañía de Augas. Dividiu o escudo en tres partes, e xunto formaban a silueta dun corazón. Á esquerda aparecen as tres figuras do escudo da cidade, San Isidoro, San Fernando e San Leandro. Á dereita aparecen as siglas SFC que aparecían no primeiro escudo de 1905.[4]
Na unión das tres partes, hai a silueta dun balón coas costuras que tiñan naquela época. Sobre as franxas brancas e vermellas hai varias hipóteses, a máis coherente era o desexo do deseñador de que o equipo adoptase como vestimenta oficial a camiseta a raias brancas e vermellas.
O Sevilla xoga os seus partidos como local no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, con capacidade para 45.500 espectadores. O Ramón Sánchez Pizjuán inaugúrase o 7 de setembro de 1958, coa disputa dun encontro amigable que enfronta ao Sevilla FC co Real Jaén, e que finaliza co resultado de 3-3.
O estadio albergou varios acontecementos deportivos de grande importancia, como a final da Copa de Europa da tempada 1985-86, disputada o 7 de maio de 1986, na que o Steaua Bucarest de Romanía proclamouse campión tras derrotar ao FC Barcelona na quenda de penaltis. Este estadio tamén acolleu dous encontros do Mundial de España de 1982, o partido URSS 1-2 Brasil, da primeira fase de clasificación, e o Alemaña Federal 3-3 Francia, de semifinais da competición, na cal a República Federal de Alemaña derrotou 5-4 a Francia na quenda de penaltis clasificándose para a final do Mundial.
Na fachada que dá á rúa Sevilla Fútbol Club, a que se pode admirar desde a Nervión Praza, áchase colocado un mosaico que cobre toda a fachada e que mostra o escudo do equipo na parte central, así como, nos laterais, os de todos os equipos que disputaron un encontro en tal campo antes de 1982, ano da súa colocación; e na parte baixa, as datas de traslado e siglas de todos os estadios que foron a súa sede.
Recentemente, con motivo da celebración do centenario do club, colocouse outro mosaico na fachada que dá á Avenida Eduardo Dato; este mostra a cidade de Sevilla e, sobre ela, flotando no vento, o escudo do club.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualizado a 17 de xaneiro de 2019.
|
|
|
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.