![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Emblem_of_North_Korea.svg/langgl-640px-Emblem_of_North_Korea.svg.png&w=640&q=50)
Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea é o xefe do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema, que é a máis alta institución do poder estatal en Corea do Norte cando a Asemblea Popular Suprema non está en sesión. O Presidente do Comité Permante da Asemblea era considerado o xefe de Estado de facto de Corea do Norte, xa que era o responsable de representar o Estado e recibir as credenciais de representantes diplomáticos estranxeiros. Con todo, dende 2019 a Constitución designa como xefe do Estado ao Presidente da Comisión de Asuntos de Estado. Entre 1998 e 2020 o cargo chamouse Presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema.
Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Nomeado por | Asemblea Popular Suprema |
Duración | 5 anos |
Creación | 9 de setembro de 1948 |
Primeiro titular | Kim Tu-bong |
O actual presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema é Choe Ryong-hae, elixido o 11 de abril de 2019.