Asemblea Popular Suprema
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asemblea Popular Suprema (en coreano: 최고인민회의) é o parlamento unicameral da República Popular Democrática de Corea (RPDC), comunmente coñecida como Corea do Norte. Está composta por un deputado de cada unha das 687 circunscricións da RPDC,[1] elixidos para mandatos de 5 anos.
Asemblea Popular Suprema 최고인민회의 | |
---|---|
14ª Asemblea Popular Suprema | |
Datos xerais | |
Ámbito | Corea do Norte |
Tipo | unicameral |
Presidente (Portavoz) | Pak Thae-song Dende o 11 de abril de 2019 |
Presidente do Presidium | Choe Ryong-hae Dende o 11 de abril de 2019 |
Vicepresidentes | Pak Chol-min Pak Kum-hui |
Composición | |
Grupos representados | Partido dos Traballadores Partido Socialdemócrata
Partido Chondoísta Chongu Chongryon Independentes |
Eleccións | |
Sistema electoral | Escrutinio maioritario uninominal |
Última elección | 10 de marzo de 2019 |
Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A Constitución recoñece ao Partido dos Traballadores de Corea como o principal partido do Estado. O Partido dos Traballadores, liderado por Kim Jong-un, goberna a RPDC nunha coalición co Partido Socialdemócrata e o Partido Chondoísta Chongu, chamada Fronte Democrática para a Reunificación da Patria. As eleccións celébranse en intervalos de cinco anos, as máis recente en 2019.
Aínda que a Asemblea Popular Suprema é o principal órgano lexislativo da RPDC, normalmente delega a autoridade no pequeno e poderoso Presidium, elixido entre os seus membros.