From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장) é o líder da República Popular Democrática de Corea, segundo a constitución do país. O presidente dirixe a Comisión de Asuntos de Estado, que é a institución de liderado suprema en Corea do Norte, e encabeza as forzas armadas do país como o comandante supremo do Exército Popular de Corea. O presidente é tamén o líder do partido como Presidente do Partido dos Traballadores de Corea.
Presidente da Comisión de Asuntos de Estado de Corea do Norte 조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장 | |
---|---|
Escudo do Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea | |
Residencia | Residencia Ryongsong |
Ámbito | República Popular Democrática de Corea |
Nomeado por | Asemblea Popular Suprema |
Duración | 5 anos |
Creación | 29 de xuño de 2016 |
Precedido por | Presidente da Comisión Nacional de Defensa |
O cargo ten a súa orixe no posto de Presidente da Comisión Nacional de Defensa do Comité Popular Central da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 중앙인민위원회 국방위원회 위원장) que foi creado o 28 de decembro de 1972 xunto coa Comisión Nacional de Defensa, que naquel tempo era unha comisión subordinada ao Comité Popular Central. O presidente da República Popular Democrática de Corea, que naquel momento era Kim Il-sung era o presidente ex officio da Comisión Nacional de Defensa, así como o Comandante Supremo do Exército Popular de Corea, e ostentou o cargo do 28 de decembro de 1972 até o 9 de abril de 1993.
Unha emenda á Constitución de 1972 foi aprobada o 22 de maio de 1992 coa que o presidente do país deixaba de ser o presidente ex officio da Comisión Nacional de Defensa e o comandante supremo do Exército Popular de Corea. A mesma emenda tamén converteu a Comisión Nacional de Defensa nunha institución separada do Comité Popular Central para devir o órgano de liderado militar máis alto do país. Esta emenda permitiu que Kim Jong-il fose elixido como Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국방위원회 위원장) o 9 de abril de 1993 despois do seu nomeamento como comandante supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 1991.
Tras a morte de Kim Il-sung o 8 de xullo de 1994, aprobouse outra emenda á Constitución de 1972 o 5 de setembro de 1998 que converteu a Comisión Nacional de Defensa na institución de liderado militar e administración máis alta, ficando como o corpo decisorio máis alto de Corea do Norte. A emenda tamén aboliu o cargo de Presidente despois de consagrar a Kim Il-sung como presidente eterno do país. A emenda estipulou que o presidente da Comisión Nacional de Defensa manda sobre todas as forzas armadas e guía a defensa nacional. Na práctica isto fixo que o presidente da Comisión Nacional de Defensa pasase a ser o oficial máis poderoso do país a pesar de que a emenda non o establece como tal.
Outra emenda á Constitución de 1972 que foi aprobada o 9 de abril de 2009 estableceu que o presidente da Comisión Nacional de Defensa é o "líder supremo" do país. A emenda tamén especifica os poderes do presidente de Comisión Nacional de Defensa, como guiar os asuntos estatais, nomear ou destituír cadros da defensa nacional, ratificar ou rexeitar tratados, conceder indultos, e declarar o estado de emerxencia ou o estado de guerra, poderes que antes tiña a Comisión Nacional de Defensa como un todo.
Kim Jong-il exerceu como presidente da Comisión Nacional de Defensa do 9 de abril de 1993 até a súa morte o 17 de decembro de 2011. A súa morte levou a outra emenda á Constitución 1972 que foi aprobada o 13 de abril de 2012 que consagrou a Kim Jong-il como presidente eterno da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 영원한 국방위원회 위원장), e permitiu ao seu fillo Kim Jong-un sucedelo como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국방위원회 제1위원장).
Kim Jong-un ocupou o cargo de primeiro presidente da Comisión Nacional de Defensa dende o 13 de abril de 2012 até o 30 de xuño de 2016, cando se aprobou unha emenda á Constitución de 1972, para crear a Comisión de Asuntos de Estado que substituíu a Comisión Nacional de Defensa como o corpo decisorio máis alto do país. Esta emenda mesma tamén creou o actual cargo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estados para o que Kim Jong-un foi elixido.
Segundo o Artigo 103 da Constitución, o Presidente da Comisión de Asuntos de Estado ten os deberes seguintes e autoridade para:
Presidente da Comisión Nacional de Defensa do Comité Popular Central da República Popular Democrática de Corea
조선민주주의인민공화국 중앙인민위원회 국방위원회 위원장 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Presidente | Partido político | Mandato | Eleccións | |||
Kim Il-sung
김일성 (1912–1994) |
Partido dos Traballadores de Corea | 28 de decembro de 1972 | 16 de decembro de 1977 | 1972 | ||
16 de decembro de 1977 | 6 de abril de 1982 | 1977 | ||||
6 de abril de 1982 | 29 de decembro de 1986 | 1982 | ||||
29 de decembro de 1986 | 24 de maio de 1990 | 1986 | ||||
24 de maio de 1990 | 22 de maio de 1992 | 1990 | ||||
Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea
조선민주주의인민공화국 국방위원회 위원장 | ||||||
Presidente | Partido político | Mandato | Eleccións | |||
Kim Il-sung
김일성1)(1912–1994) |
Partido dos Traballadores de Corea | 22 de maio de 1992 | 9 de abril de 1993 | 1990 | ||
Kim Jong-il
김정일 (1941–2011) |
Partido dos Traballadores de Corea | 9 de abril de 1993 | 5 de setembro de 1998 | |||
5 de setembro de 1998 | 3 de setembro de 2003 | 1998 | ||||
3 de setembro de 2003 | 9 de abril de 2009 | 2003 | ||||
9 de abril de 2009 | 17 de decembro de 2011 | 2009 | ||||
Vacante (17 de decembro de 2011 – 13 de abril de 2012) | ||||||
Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea
조선민주주의인민공화국 국방위원회 제1위원장 | ||||||
Primeiro Presidente | Partido político | Mandato | Eleccións | |||
Kim Jong-un
김정은 (1983-) |
Partido dos Traballadores de Corea | 13 de abril de 2012 | 9 de abril de 2014 | 2009 | ||
9 de abril de 2014 | 29 de xuño de 2016 | 2014 | ||||
Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea
조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장 | ||||||
Presidente | Partido político | Mandato | Eleccións | |||
Kim Jong-un
김정은 (1983-) |
Partido dos Traballadores de Corea | 29 de xuño de 2016 | 11 de abril de 2019 | 2014 | ||
11 de abril de 2019 | Presente | 2019 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.