A 1.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 16 de maio de 1929 no Hollywood Roosevelt Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Douglas Fairbanks. Os billetes custaban 5 dólares e 270 persoas asistiron ao acto, que durou 15 minutos. Foi a única cerimonia dos Óscar que non foi emitida por radio nin por televisión.

Os filmes elixibles foron os estreados en 1927 e 1928 e os gañadores foron anunciados tres meses antes da cerimonia. Algúns dos candidatos foron anunciados sen referirse a un filme concreto, como na categoría de mellores efectos de enxeñaría.

Os principais filmes gañadores foron 7th Heaven e Sunrise, que gañaron tres premios cada un, e Wings, que recibiu dous premios. Sunrise gañou o premio á Mellor produción singular e artística e Wings o de mellor filme destacado. As dúas categorías consideráronse igualmente o premio maior da noite, tratando de honrar aspectos diferentes e importantes do cinema. O ano seguinte, a Academia suprimiu o premio á produción singular e artística e decidiu retroactivamente que o premio gañado por Wings era o premio máis importante outorgado.[1]

Premios

Frank Borzage, mellor director
Emil Jannings, mellor actor
Janet Gaynor, mellor actriz
Charles Chaplin, Óscar honorífico

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Máis información Mellor filme destacado, Mellor produción singular e artística ...
Mellor filme destacado Mellor produción singular e artística
Mellor director de comedia Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor argumento orixinal Mellor guión
  • Seventh HeavenBenjamin Glazer
Mellor fotografía Mellor dirección de arte
  • Sunrise: A Song of Two HumansCharles Rosher e Karl Struss
    • The Devil DancerGeorge Barnes
    • The Magic Flame – George Barnes
    • Sadie Thompson – George Barnes
Mellores efectos de enxeñaría Mellor escritura de rótulos
  • WingsRoy Pomeroy
    • (Ningún filme concreto)Ralph Hammeras
    • (Ningún filme concreto)Nugent Slaughter
  • The Red MillJoseph Farnham
    • The Magic FlameGeorge Marion, Jr.
    • The Private Life of Helen of TroyGerald Duffy
Pechar

Óscar honorífico

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.