filme de 1927 dirixido por Alan Crosland From Wikipedia, the free encyclopedia
The Jazz Singer é un filme musical estadounidense de 1927. Foi a primeira longametraxe con diálogos sincronizados e o seu éxito fixo que decaese o cinema mudo. Foi dirixido por Alan Crosland e protagonizado por Al Jolson, que canta seis cancións.
The Jazz Singer | |
---|---|
Cartel | |
Ficha técnica | |
Director | Alan Crosland |
Guión | Alfred A. Cohn Jack Jarmuth |
Baseado en | The Day of Atonement, de Samson Raphaelson |
Intérpretes | Al Jolson May McAvoy Warner Oland Yossele Rosenblatt |
Música | Louis Silvers |
Fotografía | Hal Mohr |
Montaxe | Harold McCord |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 6 de outubro de 1927 |
Duración | 89 minutos 96 minutos (con abertura e saída) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 422 000 dólares |
Na rede | |
O cantor xudeu Rabinowitz quere que o seu fillo continúe coa vella tradición familiar e chegue a ser tamén cantor no gueto do Lower East Side de Manhattan, pero o rapaz de trece anos, Jakie, canta música popular nunha cervexería. Moisha Yudelson cóntallo ao seu pai, que o arrastra para a casa, onde di "Voulle ensinar a degradar a voz que Deus lle deu!" e Jakie ameaza: "Se me volver azoutar, marcharei e non volverei nunca!". Trala azouta, Jakie despídese da súa nai e cumpre a súa promesa. O seu pai declara que xa non ten fillo.
Dez anos despois, Jakie, agora chamado Jack Robin actúa en cabarés, onde coñece a bailarina Mary Dale. Mentres o seu pai ensida un novo estudante de canto, Jack aparece para reconciliarse, pero só recibe berros e finalmente afirma "Algún día entenderás, igual que o fai mamá."
O día en que Jack vai debutar en Broadway, o seu pai cae enfermo e debe escoller entre o mundo do espectáculo e a súa familia e fe.
O argumento baséase no relato "The Day of Atonement", de Samson Raphaelson, que estaba á súa vez inspirado na historia real de Al Jolson, un xudeu de orixe rusa que actuaba coa cara pintada de negro que descubrira en 1917. A historia publicouse en 1922 e o propio Raphaelson adaptouna con grande éxito para o teatro co título de The Jazz Singer, con George Jessel de protagonista.
Warner Bros. comprou os dereitos para o filme en 1926. Aínda que inicialmente querían contratar a Jessel, tras fracasar as negociacións con este contrataron a Jolson por 75 000 dólares.
Ata ese momento víranse filmes con son, pero foran curtametraxes e en 1926 estreáranse dous filmes con música e efectos sonoros sincronizados, mais non con diálogos. O sistema empregado foi Vitaphone. Porén os diálogos supoñen apenas dous minutos da metraxe.
A estrea do filme tivo lugar en Nova York o 6 de outubro de 1927, coincidindo coa festa do Yom Kippur, que ten importancia no argumento do filme. As críticas foron en xeral positivas e The Jazz Singer foi ademais un éxito comercial.
A 1ª edición dos Óscar premiou filmes estreados entre agosto de 1927 e xullo de 1928. Porén, The Jazz Singer foi declarada inelixible para o Óscar ao mellor filme (dividido en dúas categoría) por considerarse que era inxusto que competise con filmes mudos. Si foi candidata ao mellor guión adaptado e aos mellores efectos de enxeñería e a Warner Bros. recibiu un premio honorífico pola produción deste filme pioneiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.