From Wikipedia, the free encyclopedia
A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.
Nome oficial | Premiership Rugby (1997–) National Division One (1987–1997) |
---|---|
Tipo | professional sports league (en) |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Rugby Football Union (1987–1996) English First Division Rugby Ltd (en) (1996–2001) Premiership Rugby Limited (en) (2001–) |
Patrocinador | Arthur J. Gallagher & Co. (en) (2018–) |
Liga inferior | RFU Championship (en) |
Número de participantes | 11 |
Localización e Datas | |
Localización | Inglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O |
Vixencia | 1987 – |
Calendario da tempada | setembro – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | premiershiprugby.com |
Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.
A tempada regular da Premiership vai de setembro a maio e consta de 22 xornadas, nas que cada club xoga contra o seu rival na casa e fora. Durante un partido da Premiership, os puntos que recibe cada equipo para a clasificación da liga poden ser gañados de varios xeitos distintos:
Tralas 22 xornadas da tempada regular, a posición final na táboa de clasificación determina que equipos acceden á fase final (os catro primeiros acceden a semifinais). O primeiro e o segundo teñen o privilexio de xogar na casa as semifinais fronte ao cuarto e terceiro respectivamente. As semifinais se xogan en maio, os gañadores de ámbolos dous partidos acceden á final do campionato, que se xoga en Twickenham. El vencedor da final é o gañador da Liga.
Hai un sistema de ascensos e descensos, a e dende a Premiership. O equipo clasificado no último lugar trala tempada regular da Premiership descende á National Division One, mentres que o campión da National Division One ascende á Premiership para a seguinte tempada. Porén, os ascensos e descensos están sometidos a un Criterio de Mínimos (Minimum Standards Criteria).
Os equipos que xogan a Premiership inglesa tamén compiten nas dúas competicións da European Professional Club Rugby: a Copa de Campións Europea de Rugby e a European Rugby Challenge Cup. Para a Copa de Campións Europea de Rugby clasifícanse os 6 primeiros equipos da liga. O resto de equipos da liga, excepto o que descende, clasifícanse para o European Rugby Challenge Cup. Tamén se clasifica para ese campionato o equipo que ascende. O sétimo clasificado, xoga un play-off de clasificación para poder ir a Copa de Campións Europea de Rugby. Se non gaña esa clasificación vai ao European Rugby Challenge Cup.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.