Newcastle upon Tyne

From Wikipedia, the free encyclopedia

Newcastle upon Tynemap

Newcastle upon Tyne, coñecida habitualmente como Newcastle, é unha cidade de Inglaterra, do distrito de Tyne e Wear, na rexión de North East England.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Newcastle upon Tyne
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 54°58′40″N 1°36′48″O
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra
Condado metropolitanoTyne e Wear
Distrito metropolitanoNewcastle upon Tyne
Capital de
Poboación
Poboación300.196 (2018) (2.633,3 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Xeografía
Superficie114 km²
Bañado porRío Tyne
Altitude30 m
Datos históricos
Creaciónséculo II
Evento clave
3 de febreiro de 1644Asedio de Newcastle
Identificador descritivo
Código postalNE
Fuso horario
Prefixo telefónico0191
Outro
Irmandado con
Singkawang (pt)
Lagos, Nixeria
Groninga - Groningen
Hannover
Gelsenkirchen (1948–)
Nancy (1954–)
Bergen (1968–)
Atlanta (1977–)
Haifa (1979–)
Taiyuan (1985–2022)
Newcastle (pt) (1987–)
Gdańsk (2001–)
Concello de Malmö (2003–)
Henan (2008–)
O Cabo Oriental (2008–)
Hainan (2008–)
Little Rock (2014–)
Durban (2014–)

Sitio webnewcastle.gov.uk
Pechar

A cidade é a vixésima máis poboada de Inglaterra, e a aglomeración de Tyneside, da que forma parte Newcastle, é a sexta aglomeración urbana máis poboada do Reino Unido.[1]

Historia

Período Romano

Newcastle ten as súas orixes en época romana (século II), cando sobre un promontorio da beira esquerda do Tyne foi levantado un forte (Pons Aelius) que vixiaba unha ponte que salvaba o río. O forte, que formaba parte do muro de Adriano, tomou o nome familiar do propio emperador. A poboación de Pons Aelius para esta época estímase nuns 2.000 habitantes. O muro de Adriano aínda é visible en varias zonas de Newcastle; en particular, ao longo da West Road.

Thumb
O Castelo.

O Castelo Novo (New Castle en inglés), que deu nome á cidade, foi construído polos normandos en 1080 sobre o soar do forte romano. Aínda se pode ver a súa torre da homenaxe e a porta principal.

Ao longo da Idade Media, Newcastle foi a fortaleza máis setentrional de Inglaterra. No século XIII, ante os constantes ataques escoceses, a cidade rodeouse dunha muralla de pedra de máis de 7 m de altura. Derrubada ao longo do século XIX, dela hoxe só quedan algúns vestixios.

En 1174, o rei de Escocia Guillerme I foi encarcerado en Newcastle. Ao longo do século XIV, en tres ocasións, a cidade logrou defenderse con éxito dos ataques escoceses. En 1400, Henrique IV creou o condado incorporado (county corporate) de Newcastle.

En dúas ocasións, durante o século XVII, os exércitos escoceses invadiron e ocuparon a cidade: en 1640 durante a Guerra dos Bispos e en 1644 durante a Guerra Civil Inglesa (logo dun cerco de tres meses).

Xeografía

Newcastle está situada no nordés de Inglaterra, no distrito metropolitano de Tyne and Wear. A cidade está situada na beira norte do río Tyne a unha latitude de 54.974° N e unha lonxitude de 1.614° W.

O chan debaixo da cidade está formada por estratos do Carbonífero.

Demografía

Newcastle é a cidade máis poboada da rexión, seguida de Sunderland. Recibe a honra de ser o símbolo urbano de Northumberland.

Economía

Newcastle xogou un papel importante durante a Revolución Industrial do século XIX, e foi un importante centro para a minería do carbón e a fabricación. As industria pesada en Newcastle descendeu na segunda metade do século XX. A cidade é hoxe recoñecida por compromiso coas cuestións ambientais, cun programa previsto para o Newcastle para converterse en "a primeira cidade neutral de carbono".[2]

Infraestruturas

Thumb
Central Station.

Hai un metro que conecta con outras cidades da rexión, como Gateshead, Sunderland, North Shields, South Shields e Tynemouth. O ferrocarril é subterráneo no centro da cidade. Tamén se pode usar o Metro para viaxar ao Aeroporto de Newcastle.

A cidade ten unha estación de ferrocarril (Central Station) que é parte da rede nacional de ferrocarrís. Cada día hai varios trens que viaxan directamente entre Newcastle e Londres (Kings Cros).

Desde o aeroporto de Newcastle pódese coller o wifi, que tarda 22 minutos en chegar ata o centro de Newcastle ou 55 minutos ata o centro de Sunderland.

Educación

Sitúanse en Newcastle a Universidade de Northumbria e a de Newcastle upon Tyne.

Cultura

Thumb
Theatre Royal.

As cores da cidade son o negro e o branco. É o centro do dialecto Geordie, unha forma de pronunciar e falar peculiar a Northumbria e diferente do resto de Inglaterra.

Arquitectura e urbanismo

O Millenium Bridge é unha de moitas pontes que cruzan o Tyne cara a Gateshead. A cidade ten unha catedral, a de St Nicholas. O teatro principal da cidade é Theatre Royal que data de 1837.

Deportes

Newcastle é o fogar do equipo de fútbol Newcastle United Football Club.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.