Potenciación dependente de anticorpo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A potenciación dependente de anticorpo (ou ADE, do inglés Antibody-Dependent Enhancement) é unha unha potenciación ou aumento dunha infección vírica cando proteínas antivirais non neutralizantes acaban paradoxalmente facilitando a entrada do virus na célula hóspede, o que ten como resultado un aumento da infectividade do virus nas células. Algunhas células non teñen os receptores habituais na súa superficie que os virus aproveitan para usalos para conseguir entrar nelas. As proteínas antivirais (é dicir, os anticorpos) únense ao receptor de Fc (ao que se une a rexión Fc dos anticorpos) que algunhas destas células teñen na súa membrana plasmática. Os virus únense ao sitio de unión do antíxeno (rexión Fab) situado no outro extremo do anticorpo. A ADE é algo común en células cultivadas no laboratorio, pero ocorre raramente in vivo excepto nalgúns casos como na infección polo DENV, virus causante do dengue. Este virus pode utilizar este mecanismo para infectar os macrófagos humanos, causando que unha infección viral que normalmente sería leve se converta en potencialmente mortal.[1]