Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
O Aeroporto de Barcelona–El Prat (IATA: BCN,OACI: LEBL) é un aeroportoespañol da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid), co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo. Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.
O Palau de la Música Catalana é un auditorio de música situado na rúa Sant Pere més Alt no barrio da Ribera de Barcelona, España. Foi proxectado polo arquitecto barcelonés Lluís Domènech i Montaner, un dos máximos representantes do modernismo catalán. A construción levou a cabo entre os anos 1905 e 1908, con solucións na estrutura moi avanzadas coa aplicación de grandes muros de cristal e a integración de todas as artes, escultura, mosaicos, vitrais e forxa. O edificio, sede central do "Orfeón Catalán", fundado en 1891 por Lluís Millet e Amadeu Vives, foi sufragado por industriais e financeiros cataláns, ilustrados e amantes da música, estamento que sesenta anos antes xa financiara o teatro de ópera e ballet Gran Teatro do Liceo.
Antoni Tàpies i Puig, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán. É un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.
Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.