Países Cataláns
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística[1] de predominio catalán.[2] Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.[3]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua catalá | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cat | ||||
En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da Península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.[2]
Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.