![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Liceu.jpg/640px-Liceu.jpg&w=640&q=50)
Gran Teatre del Liceu
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Teatre del Liceu, popularmente coñecido como Liceu é un teatro especializado en representacións de ópera da cidade de Barcelona, sendo considerado o teatro máis prestixioso da cidade condal e tamén como un dos máis prestixiosos do mundo. Localízase no paseo da Rambla en Barcelona, no número 61-65. Inaugurouse o 4 de abril de 1847, aínda que a súa historia comeza en 1837. Foi, pola súa capacidade, o teatro de ópera máis grande de Europa durante os seus primeiros cen anos.[1] Dende hai máis de 150 anos represéntanse nel obras maiores interpretadas polos máis famosos cantantes do mundo. Durante anos foi o símbolo e o lugar de xuntanza da aristocracia e da burguesía de Cataluña.
Gran Teatre del Liceu | |
---|---|
![]() Vista da fachada. | |
Localización no mapa de Cataluña. | |
Enderezo | La Rambla, 61-65 |
Cidade | Barcelona |
País | ![]() |
Arquitecto/s | Miquel Garriga i Roca (1847) Josep Oriol Mestres (1862) Ignasi de Solà-Morales (1999). |
Propiedade de | Consorcio do Gran Teatre del Liceu. |
Capacidade | 2.292 |
Inauguración | 4 de abril de 1847. |
Reapertura | 20 de abril de 1861, 7 de outubro de 1999. |
Páxina web | liceubarcelona.cat |
Caracterízase polo seu accidentado pasado, do cal rexurdiu en repetidas ocasións. Dende a súa inauguración e durante case un século, o Liceu foi, ademais da primeira sala de ópera de Cataluña e España, o punto de referencia, de confluencia e expansión da vida artística, social e política de Barcelona. Foi o termómetro das súas etapas de esplendor, de desenvolvemento, de decadencia e dos seus disturbios. Despois, a partir da terceira década do século XX, o Liceu perdeu paseniño a súa relación directa cos altos e baixos da vida social para asumir unha hexemonía máis determinadamente artística e musical.[2]