etnia siberiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ieniseianos son un pobo de Siberia.[1] O pobo ieniseiano habitou en tempos pasados gran parte de Siberia, partes do norte de Mongolia e da China. Formaron parte da Xiongnu, unha confederación de pobos nómades das estepas orientais distribuídos sobre todo ao longo do territorio da actual Mongolia; rexistros legados por Sima Qian mostran como xa desde o século III a. C. controlaban un vasto guó (estado ou territorio controlado por un líder ou soberano), e crearon polo menos unha dinastía chinesa.[2] Pero, hoxe en día, de todos aqueles pobos só perviven os ketas; os ketas modernos viven ao longo do tramo medio oriental do río Ienisei. Segundo o censo de 2010, había 1 220 ketas en Rusia.[3]
Non se sabe moito sobre a historia do pobo ieniseiano. Segundo varios historiadores, os ieniseianos formaban parte da Xiongnu e, posibelmente eran a elite gobernante desta confederación. Tamén se suxire que xogaron un papel importante entre os hunos, na Xiongnu e no posterior khaganato Rouran (330-555), e que os mesmos rouran eran de orixe ieniseiana.[2][4][5][6]
O pobo jie, un grupo ieniseiano, creou a dinastía Zhao posterior e conquistou partes do norte da China. Despois dun tempo foron derrotados e asimilados na súa maioría á sociedade han.[7]
Ao igual que o pobo jie, a maioría dos outros grupos ienienanos, exclíndo aos ketas a ao pobo yugh, asimiláronse a outras etnias. Na súa maioría, pobos turcos e mongois substituíron e asimilaron aos ieniseianos.[8]
Os últimos superviventes, o pobo keta, foron conquistados polos rusos e hoxe son un grupo minoritario recoñecido en Rusia.
Algúns autores suxiren tamén que os ienisenianos están directamente relacionados cos pobos indíxenas de América. Especialmente, os pobos na-dené moitas veces se asegura que están vinculados a eles.[9]
A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[10] A día de hoxe, non se coñecen falantes monolingües.[11]
Os ieniseianos están estreitamente relacionados con outros siberianos, asiáticos orientais e cos pobos indíxenas de América. Son unha poboación mongoloide e pertencen na súa maioría exclusivamente ao haplogrupo Q-M242 do cromosoma Y humano (ADN-Y).[12]
Segundo un estudo recente, o pobo keta e outros ieniseianos orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou do lago Baikal. Moitos deles asimiláronse a pobos turcos de hoxe. Suxírese que os altais son predominantemente de orixe ieniseiana e estreitamente relacionados co pobo keta. Outros grupos túrquicos siberianos tamén asimilaron moito ao pobo ieniseiano. O pobo keta tamén está intimamente relacionada con varios grupos de nativos americanos. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.