Os platanístidos (Platanistidae) son unha familia de cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos platanistoideos (Platanistoidea), que inclúe un só xénero, Platanista, con dúas especies de golfiños de auga doce propios do subcontinente indio.[1]
Platanístidos Platanistidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Platanista gangetica | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xénero e especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Porén, algúns autores inclúen nela aos membros doutras tres familias, as dos Iniidae, Pontoporiidae e Lipotidae (ver taxonomía dos odontocetos).
Etimoloxía
O nome da familia, Platanistidae, foi cuñado en 1846 por John Edward Gray,[3] que o formou engadindo ao nome do xénero tipo, e único, da familia, Platanistes, a desinencia -idae, propia dos nomes das familias dos animais.
O xénero Platanista fundárao Wagler dezaseis anos antes (1830) e o tomou do latín platanista nome dun peixe do río Ganxes, á súa vez derivado do grego antigo πλατανιστής platanistés, de πλάτη pláte, "remo", "pa do remo", derivado de πλατύς platýs, "plano", "ancho".[4]
Taxonomía
A agrupación en familias dos golfiños de río desde antigo foi un problema. Porén, utilizando datos moleculares, Aranson e Gullberg non encontraron ningunha relación directa entre Platanista e os outros golfiños de auga doce.[5]
Messenger e McGuire propuxeron unha árbore filoxenética sustentando a idea de que os golfiños de río non son monofiléticos.[6]
Nunha recente análise das principais liñaxes dos cetáceos estes autores encontraron que platanistidos, golfiños e zifios diverxeron, por esta orde, dos cachalotes.[1]
Os outros tres xéneros de golfiños de río forman, segundo parece, un grupo monofilético, aínda que non todos os autores concordan.
Hamilton et al., baseándose en estudos do citocromo b, tamén opinan que a dos platanístidos é unha familia separada.[7]
O único desacordo restante á a colocación dos outros tres xéneros. Yang et al. [8] e Rice situaron o xénero Lipotes nunha familia separada,[9] e Rice colocou os outros xéneros tamén en familias distintas.[9]
Especies
Superfamilia Platanistoidea
- Familia Platanistidae
- Xénero Platanista Wagler, 1830
- Platanista gangetica (Roxburgh, 1801)
- Platanista minor (Owen, 1853)
- Xénero Platanista Wagler, 1830
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.