From Wikipedia, the free encyclopedia
Os iníidos (Iniidae) son unha familia de cetáceos odontocetos, da superfamilia dos inioideos (Inioidea), que inclúe un só xénero cunha única especie de golfiño de auga doce, Inia geoffrensis,[9] propia das cuncas dos ríos Amazonas e Orinoco, polo que na bibliografía internacional se coñece como golfiño do Amazons ou golfiño rosado (este último nome debido á súa coloración), entre outros, como boto.
Iníidos Iniidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inia geoffrensis | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
DD: datos insuficientes [1][2] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Inia geoffrensis (Blainville, 1817) [7][8] | |||||||||||||||||||||
Distribución de Inia geoffrensis | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
No mioceno, a Amazonia estivo cuberta de auga de mar intermitentemente. Este golfiño descendería de antepasados que poboaban o océano no mioceno e que entraron no Amazonas e que, despois, evolucionarían para adaptarse á auga doce cando o mar se retirou. Non existe consenso de cando e como penetraron estes golfiños na conca amazónica; é posíbel que o fixeran hai máis de 15 millóns de anos desde o océano Pacífico, antes da formación dos Andes ou, máis recentemente, desde o océano Atlántico.[10]
Inia geoffrensis é o golfiño de río máis grande; o peso dos machos adultos chega aos 185 kg e poden medir até 2,5 m. Como carácter distintivo, os adultos adquiren unha cor rosada, máis acentuada nos machos. É un dos cetáceos con dimorfismo sexual máis evidente, xa que os machos miden e pesan entre un 16 % e un 55 % máis do que as femias.
Como os outros odontocetos posúe un órgano chamado melón que utiliza para a ecolocación. A aleta dorsal ten pouca altura, pero é moi longa, e as aletas pectorais son grandes; esta característica, xunto ao seu mediano tamaño e á falta de fusión das vértebras cervicais, lle confiren unha gran capacidade de manobra para desprazarse polos bosques inundados para capturar as súas presas.
Ten a dieta máis ampla entre os odontocetos. Aliméntase principalmente de peixes, dos que se identificaron 53 especies diferentes, e entre os que se encontran esciénidos, cíclidos e pirañas (caraciformes). Complementa a súa dieta con tartarugas de río e cangrexos.
Habita no curso dos principais afluentes do ríos Amazonas e Orinoco, por debaixo dos 400 me sobre o nivel do mar. Na temporada de chuvias desprázase ás zonas inundadas da selva, onde existe unha oferta maior de alimento.
En 2008 clasificouse na Lista vermella da UICN como especie con datos insuficientes, debido á incerteza con respecto á cifra total da poboación, a tendencia de variación e o impacto das ameazas, clasificación que se mantén a día de hoxe (2013. Non foi obxecto de caza significativa pero, nas últimas décadas, convertéronse en ameazas principais a perda do hábitat e as capturas accidentais con artes a aparellos de pesca.
Pola súa rechamante tinguidura rosada é unha das especies de odontoceto mantida en cativerio en varios acuarios do mundo, principalmente nos Estados Unidos, Venezuela e Europa. Porén, é unha especie difícil de adestrar e cunha mortaldade alta en catividade.
A superfamilia foi fundada en 1988 por de Muizon, e considerada monofilética por Geisler et al. en 2011.[3]
Algúns autores consideran que a superfamilia comprende tan só a familia dos Iniidae, que albergaría tres xéneros: Inia, Lipotes e Pontoporia, polo que consideran como sinónimos de Iniidae a Lipotidae e Pontoporiidae (e mesmo Stenodelphinidae), mentres que outros consideran cada un dos xéneros como integrantes de familias monoespecíficas, reunidas a primeira e a última das tres citadas na superfamilia dos Inoidea e clasificando a Lipotidae noutra subfmalilia ondependente, a dos Lipotoidea. Así, vemos que Wilson & Reeder, en Mammal Species of the World, presentan esta clasificación:[11]
Aquí consideraremos, de acordo coa maioría dos autores, a superfamilia dos Inioidea dividida en dúas familias, coas seguintes especies:
A familia foi descrita por John Edward Gray en 1846,[4] e considerada monofilética por Gill en 1873.[12]
Nas modernas clasificacións dos odontocetos inclúen na familia un só xénero vivente, Inia, cunha especie e tres subespecies (ou dúas especies, segundo os autores que elevan unha das subespecies á categoría de especie).[6]
Tamén comprende tres xéneros extintos, con fósiles encontrados en Suramérica, Florida, Libia e Italia.
Porén, cómpre sinalar que algúns autores consideran a subespecie Inia geoffrensis boliviensis como especie independente, Inia boliviensis d'Orbigny, 1834.[6] .[13]
A especie foi descrita en 1817 polo naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville como Delphinus geoffrensis na honra do seu colega Étienne Geoffroy Saint-Hilaire.
Posteriormente sería reclasificada dentro do xénero Inia, que fundara Alcide d'Orbigny en 1834, en Nouv. Ann. Mus. Hist. Nat. París, 3: 31.[14]
Na máis recente clasificación dos cetáceos (1998) Inia geoffrensis aparece como única especie do xénero, con tres subespecies recoñecidas.[15] A maioría da comunidade científica acepta esta clasificación como especie única, como o fan, entre outros, a UICN,[1] o SIIT,[8] o ou o WoRMS.[16]
Pero en 2012 a Sociedade para a Mastozooloxía Mariña (Society for Marine Mammalogy) considerou as subespecies boliviana (Inia geoffrensis boliviensis) e a amazónica (Inia geoffrensis geoffrensis) como especies independentes, Inia boliviensis e Inia geoffrensis, respectivamente.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.