Planeta anano
categoría de corpos celestes From Wikipedia, the free encyclopedia
categoría de corpos celestes From Wikipedia, the free encyclopedia
Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006. Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que:
Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.
A IAU identificou oficialmente tres corpos celestes que inmediatamente recibiron a clasificación de "planeta anano":[1]
Obxecto | Tipo | Diámetro (km) | Masa (kg) |
---|---|---|---|
Nome | Categoría | Diámetro | Masa |
Ceres | Asteroide | 975×909 km | 9.5 × 1020 kg |
Plutón | Plutoniano | 2306±20 km | ~1.305 × 1022 kg |
Haumea | Plutoniano | 1.150 (−100 +250) km | 4,006 ± 0,040 × 1021 kg |
Makemake | Plutoniano | 1.300–1.900 km | ~4 × 1021 kg |
Eris | Obxecto disco espallado | 2400 km ± 100 km | descoñecida |
Adicionalmente, hai outros corpos que poderían ser considerados "planetas ananos". Destes seguintes crese que teñen un diámetro maior ca 750 quilómetros en diámetro:
Nome | Categoría | Diámetro | Masa |
---|---|---|---|
2005 FY9 ("Coello de Pascua") | Cubewano | 1600 – 2000? km | descoñecida |
Orcus | Plutoniano | 840 – 1880 km | 6.2 - 7.0 × 1020 kg |
Sedna | Obxecto disco espallado | 1180–1800 km | 1.7-6.1 × 1021 kg |
"Santa" | Cubewano | ~ 1500 km | ~4.2 × 1021 kg |
50000 Quaoar | Cubewano | 989 - 1346? km | 1.0-2.6 × 1021 kg |
Caronte | Plutoniano | 1207 km ± 3 km | (1.52±0.06)×1021 kg |
2002 TC302 | Obxecto disco espallado | ≤ 1200 km | descoñecida |
Varuna | Cubewano | ~936 km | ~5.9 × 1020 kg |
2002 UX25 | Cubewano | ~910 km | ~7.9 × 1020 kg |
2002 TX300 | Cubewano | <900 km | descoñecida |
Ixión | Plutoniano | <822 km | descoñecida |
2002 AW197 | Cubewano | 700±50 km | descoñecido |
Malia o novo sistema de clasificación, mantéñense outros termos coma os de asteroide e obxecto do Cinto de Kuiper. Estas definicións baséanse na situación do corpo no sistema solar e/ou a súa composición e historia. Ceres segue a ser o asteroide mais grande e Plutón continúa a ser un obxecto do Cinto de Kuiper malia a súa clasificación coma planetas ananos.
O estado de Caronte, hoxe en día considerado un satélite de Plutón, segue a ser incerto. Isto débese a que non hai unha definición clara de que constitúe un satélite nun sistema binario coma o caso de Plutón e Caronte, que orbitan entre si arredor dun punto do espazo.
O asteroide mais grande tras Ceres, Vesta, semella semi-esférico, pois ten un lado plano, namentres que Palas e Hixiea son irregulares mais parcialmente redondeados pola gravidade, polo que poderían entrar nos novos criterios da IAU.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.