O piñeiro de Chile , araucaria de Chile ou pehuén (Araucaria araucana) — é unha especie arbórea pertencente a xénero de coníferas Araucaria da familia Araucariaceae. É unha especie arbórea endémica do distrito do Pehuén dos bosques subantárticos, no extremo noroeste da Patagonia arxentina e no centro-sur de Chile, estando distribuída en zonas moi restrinxidas do cordal dos Andes e, en menor grao, na cordal da Costa chileno.

Araucaria araucana (poboación andina).
Araucaria araucana (poboación da cordilleira de Nahuelbuta).
Piñeiros de Chile no inverno, no Parque Nacional Conguillío.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Piñeiro de Chile

Araucaria araucana (poboación andina) no Parque Nacional Villarrica, Chile.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1][2]
Clasificación científica
Superreino: Plantae
Reino: Tracheobionta
Subreino: Spermatophyta
Superdivisión: Gymnospermae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Araucariaceae
Xénero: Araucaria
Especie: A. araucana
Nome binomial
'Araucaria araucana'
(Molina) K. Koch, 1869
Sinonimia
  • Pinus araucana Mol., 1782
  • Dombeyana chilensis
  • Araucaria imbricata
  • Columbea quadrifaria
  • Araucaria chilensis
  • Araucaria dombeyi
Pechar

Distribución

Thumb
Araucaria araucana en Nahuelbuta.
Thumb
Araucaria araucana (poboación andina).
Thumb
Araucaria araucana (poboación andina) no Parque Nacional Conguillío.

Distribúense en dúas poboacións:

  • Poboación andina: en ambas as dúas vertentes do cordal dos Andes, tanto na Arxentina, coma en Chile.
  • Poboación de Nahuelbuta: na Cordilleira da Costa do Pacífico Sur chilena, onde se atopa na cordilleira de Nahuelbuta, na Rexión de Araucanía, entre os 37º40'S e os 38º40'S. Atópanse exemplares en Carahue e Angol, pola costa.

Estado de conservación

A especie está protexida en grandes áreas de conservación en ambos os dous países onde tamén está prohibida a talla. O maior risco son os incendios forestais. En Chile foi declarada Monumento Natural. Na Patagonia arxentina é protexida no parque nacional Lanín, e nos parques provinciais Copahue, Chañy, Batea Mahuida, e Boca del Chimehuin.[3]

En Chile protéxese dende hai anos polos mapuches e pehuenches, que a coidaban coma un ben alimenticio polo pehuen, o seu froito, e que despois coa nacionalización e expansión de Chile se continúa protexendo en grandes extensións mediante parques, reservas e monumentos naturais de Chile, por mor á súa reducida distribución. Protéxese nos Parques Nacionais Conguillío, Tolhuaca, Laguna del Laja, Huerquehue, e en Villarrica.

Ecoloxía

Vexeta en terreos arxilosos,[4] rochosos e areentos con boa drenaxe, polo común de orixe volcánica, en alturan onde a neve fica no chan boa parte do inverno, e xeralmente en locais de baixas temperaturas estivais.

Áchase asociada a bosques mixtos de lenga, ñirre e coihue, mais polo xeral ten tendencia a formar bosques puros.

Por mor a medraren tan amodo téñense rexistrado araucarias que acadan os 1000 anos de idade.

Nos Andes atópase medrando unicamente a máis de800 msnm, e de xeito óptimo en cotas de 1000 msnm, chegando até os 1700 msnm.[4] Tamén posúe outra poboación en Chile, que medra no Cordal de Nahuelbuta, na zona costeira da Rexión de Araucanía, onde se distribúe dende os 600 aos 1400 msnm,[4] presentando os exemplares desa cordilleira chilena, pequenas diferenzas respecto da poboación dos Andes, aínda que non o suficiente para constituír outra variedade taxonómica.[4] Téñense descrito 8 cultivares.

Características

É unha árbore perenne, de até 50 m de altura, co tronco recto, cilíndrico, ás veces moi groso (3 ou máis metros). A ramificación comeza a varios metros do chan; nos exemplares máis vellos, disponse en verticilos de 5 pólas que se estenden perpendiculares ao toro; estas pólas son flexíbeis e teñen follas agrupadas cara aos extremos.

As follas son de extrema dureza e están provistas dun mucrón (espiño) na punta, de cor verde escura. As follas son de 3 a 4 cm de longo e están dispostas de xeito imbricado sobre a póla, onde fican por varios anos.

Existen plantas masculinas e femininas, con diferenzas morfolóxicas nas placas que forman a casca e nas flores, sendo moito máis vistosas as femininas.

Thumb
Mapa do Distrito fitoxeográfico do Pehuén.

Importancia económica e cultural

Forestal

A madeira da araucaria é compacta, liviá, doada de traballar e dunha cor abrancazada amarelenta, por iso é moi apreciada para labores de construción e carpintaría; antigamente os toros rectos e cilíndricos empregábanse para a fabricación de mastros para embarcacións. Hoxe en día a talla está prohibida.

Ornamental

É unha árbore de xardín moi popular, polo curioso efecto que xeran as súas pólas largas, con aspecto de réptil e cunha grande aparencia simétrica. Prefire climas oceánicos con abundante choiva, tolera temperaturas de até −20 °C. É o membro máis resistente do xénero, podendo medrar ben até no norte das Illas Feroe e Ålesund[5] en Noruega occidental, a costa oeste de América do Norte (ao norte nas Haida Gwaii (Illas da Raíña Carlota) no Canadá, en Nova Zelandia e Australia. Dáse moi ben tamén no norte da Península Ibérica, medrando perfectamente en Galiza, Asturias ou Cantabria).[6] É tolerante á salinidade da beiramar, mais sensíbel á polución.

Árbores senlleiras en Galiza

Como dixemos, o piñeiro de Chile adáptase moi ben ao clima húmido galego. Atopamos araucarias monumentais en moitos parques e arboredos de Galiza. O piñeiro de Chile do Castelo de Soutomaior, en Soutomaior (Pontevedra), figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alimentaria

As semente, chamadas popularmente piñóns, son comestíbeis e teñen un alto valor nutricional. Constitúen a base da dieta dos pehuenches (pobo indíxena de montaña que forma parte da cultura mapuche e mora a ambos lados do cordal dos Andes no centro sur de Chile e suroeste da Arxentina). Por isto, a especie ten futuro potencial como cultura alimentaria, prosperando en climas con veráns oceánicos frescos (ex. Norte de Galiza, Escocia occidental) e onde outros cultivos de noces non medran ben. O inconveniente é que non produce sementes até os 25 anos de idade.

Cultural

É unha especie importante para a cultura mapuche, moi especialmente para a etnia pehuenche (mapundungun «xente do pehuén», nome nativo desta especie arbórea). É a árbore símbolo da provincia arxentina de Neuquén, onde incluso dende o ano 1958 integra o escudo provincial]].[7]

Thumb
Escudo da Provincia de Neuquén.

En Chile foi declarado monumento natural o 26 de abril de 1976.[8]

Taxonomía

Araucaria araucana foi descrita por Juan Ignacio Molina e K. Koch, e publicado en Dendrologie 2(2): 206, no ano 1873.[9]

Sinonimia
  • Abies araucana (Molina) Poir.
  • Abies columbaria Desf.
  • Araucaria araucana subsp. conguillioensis Silba
  • Araucaria chilensis Mirb.
  • Araucaria dombeyi A.Rich.
  • Araucaria imbricata Pav.
  • Araucaria imbricata var. variegata Gordon
  • Columbea imbricata (Pav.) Carrière
  • Columbea imbricata var. densa Carrière
  • Columbea imbricata var. denudata Carrière
  • Columbea imbricata var. distans Carrière
  • Columbea imbricata var. latifolia Carrière
  • Columbea imbricata var. striata Carrière
  • Columbea imbricata var. variegata (Gordon) Carrière
  • Columbea quadrifaria Salisb.
  • Dombeya araucana (Molina) Raeusch.
  • Dombeya chilensis Lam.
  • Pinus araucana Molina[10]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.