Piñeiro, Cedeira
parroquia civil do concello de Cedeira From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Cedeira From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.
Piñeiro | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Cosme. | |
Concello | Cedeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°39′45″N 8°02′23″O |
Poboación | 396 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Piñeiro sitúase na parte oriental da ría de Cedeira, na beira dereita do río Condomiñas e na esquerda do regato Pontigas. Polo norte o Pontigas xunto co seu afluente Candales sepárana da parroquia de Régoa até a fonte da Balteira. Polo leste linda coa parroquia de San Román de Montoxo, e polo sur con esta mesma parroquia na pena de Freixido e no lugar da Trave e coa de Esteiro dende este lugar até o regato Cordobelas na praia. E polo oeste o límite e a praia de Cedeira e o río Condomiñas.
A estrada dende Ferrol atravesa a parroquia até enlazar no lugar da Area, cunha ponte de tres arcos que a une á vila de Cedeira e coa estrada que chega ao Campo do Hospital pasando polos lugares de Campoalegre, Mosende, Casanova e Casagrande. Tamén parte desta mesma encrucillada na Area outra estrada que chega até Chímparra e os altos da Serra da Capelada.
A esta parroquia pertence o chamado ensanche da vila de Cedeira, o lugar da Area, que hoxe é a entidade da poboación máis importante.
A igrexa parroquial, na honra de San Cosme é de cruz latina e nova construción. Érguese preto do comezo da estrada que vai até o Campo do Hospital. Tamén se ergue preto da mesma estrada o edificio que acolleu as escolas e que foi costeado pola sociedade “Hijos de Cedeira en La Habana”. Neste mesmo lugar da Area, coñecido como ensanche da vila de Cedeira, érguese o grupo escolar e outras edificacións notables xa derruídas e construídas ao longo dun peirao, nun recheo gañado á ribeira do río Condomiñas.
Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Cedeira | |
---|---|
Agrochaíl | Agrochao | A Area | O Beco | Bereixo | Birizo | Camposa | A Casagrande | A Casanova | O Castro | A Chousa | O Coto | Diamantel | A Estoxa | Freixido | As Lagoas | A Marabilla | Mosende | O Norbasco | O Olmo | Pedra do Camiño | O Peneiro | O Pereiro | O Sartego | A Trabe | Ventosa | Vista Alegre |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.