![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Thiamine_diphosphate.png/640px-Thiamine_diphosphate.png&w=640&q=50)
Pirofosfato de tiamina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pirofosfato de tiamina tamén chamada tiamina pirofosfato, (abreviado como TPP), ou tiamina difosfato (ThDP) é un derivado da vitamina B1 ou tiamina que funciona como coencima e está presente en todos os seres vivos. Nos tecidos animais a tiamina está presente na súa maior parte en forma de pirofosfato de tiamina [1]. O TPP descubriuse inicialmente como un nutriente esencial (vitamina) nos seres humanos debido á súa relación coa doenza do sistema nervioso periférico beriberi, que se orixina por unha deficiencia de tiamina na dieta.[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Thiamine_diphosphate.png/640px-Thiamine_diphosphate.png)
Nome IUPAC = 2-[3-[(4-amino-2-metilpirimidin-5-il)metil]-4-metil-1,3-tiazol-3-io-5-il]etil fosfono hidróxeno fosfato.
O pirofosfato de tiamina funciona como coencima en moitas reaccións encimáticas de importantes rutas metabólicas, como as catalizadas polos encimas seguintes:
- Complexo da piruvato deshidroxenase (na descarboxilación do piruvato)[3]
- Complexo da piruvato descarboxilase (na fermentación alcohólica)
- Complexo da alfa-cetoglutarato deshidroxenase (no ciclo de Krebs)
- Complexo da aminoácido de cadea ramificada deshidroxenase (degrada aminoácidos de cadea ramificada como a valina, leucina e isoleucina).
- Transcetolase (na vía da pentosa fosfato)
- 2-hidroxifitanoíl-CoA liase (encima peroxisómico que oxida certos ácidos graxos ramificados consumidos na dieta).
O TPP funciona basicamente transferindo grupos aldehido. O TPP está fortemente unido ao encima na transcetolase ou na piruvato descarboxilase formando un grupo prostético, pero a súa unión é menos forte na piruvato deshidroxenase.