From Wikipedia, the free encyclopedia
O pilro de Maur[2] (Calidris mauri), ou tamén pilriño de Maur,[3] é unha pequena ave limícola do xénero Calidris. Esta é unha das especies limícolas máis abundantes en América do Norte, cunha poboación de millóns. O nome específico mauri fai referencia ao botánico italiano Ernesto Mauri (1791–1836).[4][5] Foi clasificado tamén nos xéneros Erolia e Ereunetes.
Calidris mauri | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. mauri procurando comida.
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ereunetes mauri |
Os adultos teñen as patas escuras e bico curto, fino e escuro, máis fino e algo curvado na punta (no pilro semipalmado o bico é máis curto e máis recto). O corpo é castaño por arriba e branco por debaixo, con raias finas no peito. A cabeza é de cor parda avermellada na parte supeior. Esta ave pode ser difícil de distinguir doutras pequenas limícolas similares, especialmente do pilro semipalmado, sobre todo cando ambas as especies teñen a plumaxe de inverno, e son de cor gris. O C. mauri muda á plumaxe de inverno moito máis cedo no outono que o pilro semipalmado.
O seu hábitat reprodutor é a tundra de Siberia oriental e de Alasca. Migran cara a ambas as costas atlánticas e pacíficas de América do Norte e do Sur. É unha especie errante moi rara en Europa.
Estas aves aliméntanse nas chairas de lama en lagoas, estuarios e costas mariñas durante a migración e nas estacións non reprodutoras, sondando co bico ou utilizando a vista. Comen xeralmente invertebrados mariños. Durante a estación de cría aliméntanse na tundra e nas pradeiras húmidas. Comen principalmente insectos, pequenos crustáceos e moluscos.
Aniñan no chan, usualmente baixo algunha vexetación. O macho escava varias depresións e a femia selecciona unha e pon alí catro ovos. Ambos os pais incuban os ovos e coidan as crías mentres son dependentes, as cales se alimentan soas. Ás veces, a femia abandona a súa parella e os pitos antes de que estes estean listos para o voo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.