From Wikipedia, the free encyclopedia
Pierre Bataillon, máis coñecido como ʻEnosi en Tonga, nado en Saint-Cyr-les-Vignes o 6 de xaneiro de 1810 e finado en Wallis o 10 de abril de 1877, foi un misioneiro e bispo católico francés, o primeiro bispo católico da Polinesia como vigairo apostólico da Oceanía central.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1810 Saint-Cyr-les-Vignes, Francia |
Morte | 10 de abril de 1877 (67 anos) Wallis, Wallis e Futuna, Francia |
Vigairo apostólico | |
23 de agosto de 1842 – | |
Bispo titular | |
23 de agosto de 1842 – Diocese: Q380969 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1843–), sacerdote católico (1835–) |
Lingua | Lingua francesa |
Orde relixiosa | Sociedade de María |
Consagración | Guillaume Douarre (pt) |
Ordenouse sacerdote o 19 de decembro de 1835[1] e entrou na Sociedade de María en 1836 e xa nese ano na compañía de Pierre Chanel e mais de Jean-Baptiste François Pompallier marchou cara ao Pacífico para principiar o seu labor misioneiro nun navío que partiu de Le Havre en decembro e que, vía primeiro Valparaíso e logo Tahití e Tonga, chegou a Wallis o 1 de novembro de 1837 onde se instalou Bataillon, con outro misioneiro, coa encarga de levar o cristianismo á poboación local mentres a Chanel correspondeulle Futuna como a súa misión[2]. Pierre Bataillon foi quen de converter os principais xefes da illa e para 1840 toda Wallis era católica[3]. Pola contra, en Futuna, Chanel provocou a ira de habitantes locais que lle deron morte e deveu así o primeiro mártir católico de Oceanía. Mentres en Wallis, Pierre Bataillon logrou co apoio dos reis tradicionais exercer un poder teocrático[4] que se reforzou coa súa consagración como bispo titular de Eno e titular da vasta vigairía apostólica de Oceanía central polo seu bispo coadxuntor Guillaume Douarre, que xa fora consagrado en Roma[5]. Bataille enviou misioneiros ás Fidxi, Tonga e Samoa e mesmo logrou a conversión ao catolicismo do pequeno atol de Rotuma.
O 8 de decembro de 1847 nun terreo en Lano doado polos xefes de Wallis estableceu unha especie de seminario para formar catequistas e sacerdotes, aínda que con escasos froitos nestes primeiros anos[6], logo estableceu outro establecemento semellante en Futuna e vogou de illa en illa. En xuño de 1851 visitou Futuna e en agosto e setembro estivo nas Fidxi, Tonga e Rotuma para aportar a Samoa o 29 de novembro e alí decidiu aveciñarse en Apia e principiou a construción dunha igrexa en pedra que quedou concluída en 1857; durante eses anos viaxou con asiduidade a Sydney na procura de material.
En xaneiro de 1852 tras un ciclón devastar as Tokelau enviou o navío Kate para acorrer á súa poboación co transporte de dezaseis mil cocos e provisións de auga. Os seus habitantes, ata entón hostís aos brancos, convertéronse progresivamente e 490 decidiron embarcar para Wallis.
En 1857 foi a Europa para procurar novas normas para a misión e logrou o envío de novos misioneiros. En 1863 consagrouse a Louis André Elloy, misioneiro en Samoa dende 1856, como bispo de Tipasa e coadxuntor de Bataillon pero non se levaban entre eles e entraron nun conflito que durou nove anos ata 1872, que implicou o establecemento de Bataille en Wallis en agosto de 1871 e lastrou o desenvolvemento da actividade misioneira na rexión[7]. Non obstante, en 1874 Bataille reconstruíu o antigo edificio de Lano e estableceu o primeiro seminario católico homologable de Oceanía en Wallis[8] do que ían saír os primeiros sacerdotes en 1886, tres de Wallis e un de Futuna, anos despois da morte de Bataille[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.