científica española From Wikipedia, the free encyclopedia
Piedad de la Cierva Viudes, nada en Murcia o 1 de xuño de 1913 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2007, foi unha científica española, pioneira nos estudos de radiación artificial en España e na industrialización do vidro óptico.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Piedad de la Cierva Viudes 1 de xuño de 1913 Murcia, España |
Morte | 31 de decembro de 2007 (94 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Valencia Universidade de Murcia |
Actividade | |
Ocupación | científica |
Período de actividade | 1932 - |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Juan de la Cierva, second uncle Juan de la Cierva Peñafiel, tio-avô |
Piedad de la Cierva foi filla de Juan de la Cierva e López e de Encarnación López. Parente de Juan de la Cierva e Peñafiel, tivo tres irmáns, Julián, Juan e Francisco.[2]
O seu pai, home de grandes miras e moi esixente con Piedad, foi capaz de adiviñar o novo rol que as mulleres debían desempeñar na sociedade tras a Gran Guerra. É por iso que se preocupou de proporcionar os medios para que Piedad puidese estudar e alcanzar unha adecuada educación universitaria. Matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade de Murcia.
O 2 de outubro de 1928 empezou a estudar como alumna oficial na Universidade de Murcia, co que se converteu na única muller na citada Universidade. As súas aptitudes intelectuais, impediron ser obxecto de discriminación, e os seus profesores axudáronlle na súa promoción profesional, como o profesor Fernando Ferrando. Durante o curso, 1929-30, trasladouse a Valencia para continuar a carreira, onde puido atopar outras mozas universitarias na Residencia de Escolapias na que se aloxaba, deixando o illamento que sufrira en Murcia. Alí coincidiu con tres estudantes de Maxisterio e dúas de Medicina.[3]
Licenciouse en Ciencias pola Universidade de Valencia en 1932, recibindo o Premio Extraordinario de Licenciatura, e sendo unha das afortunadas que formaba parte dese 6% de alumnado feminino do total de alumnos universitarios.[4][3]
O profesor de Química Xeral, Antonio Ipiens, catedrático de Química Xeral na Universidade de Valencia desde 1924 e que obtería en 1941 a cátedra de Química experimental na Universidade de Madrid, cuxa muller tamén tiña carreira universitaria; propón a Piedade facer o doutoramento en Madrid, proporcionándolle unha carta de recomendación dirixida a Julio Palacios, un dos investigadores máis prestixiosos da Universidade Central de Madrid. É deste xeito que acaba realizando a súa tese doutoral no prestixioso Instituto Rockefeller, que reunía naquel momento a investigadores de gran talle intelectual como Enrique Moles, Miguel Catalán ou Julio Palacios e acudían tamén científicos destacados doutras partes de Europa, entre eles Marie Curie ou Albert Einstein.[5]
Acabada a tese en 1935, obtivo unha bolsa para marchar ao Instituto de Física Teórica Niels Bohr en Dinamarca, un centro pioneiro na desintegración artificial do átomo, para investigar baixo a dirección do profesor Georges von Hevesy.
Von Hevesy dirixiu os seus estudos, ensinoulle as principais técnicas de radiación artificial e encomendoulle varias investigacións, en concreto unha sobre a transmutación do Aluminio e outra sobre a separación dos isótopos do Bromo que se traduciron en dous artigos científicos publicados en España na Revista Anais da Sociedade Española de Física e Química.[6]
Á súa volta a España contaba con dirixir os estudos sobre radiación artificial en España, pero o estalido da Guerra Civil en xullo de 1936 deu ao traste con todos os seus plans.
Despois da Guerra volveu retomar a súa actividade científica. En primeiro lugar, formou parte do inicial Instituto de Óptica a proposta de José María Otero Navascués. Este incipiente instituto converteríase posteriormente no Instituto de Óptica "Daza de Valdés", dependente do CSIC. Ademais, foi nomeada Auxiliar da Cátedra “Estrutura atómico-molecular e Espectroscopia” na Universidade Complutense.
En 1941 presentouse ás oposicións de Cátedra de Físicoquímica para as universidades de Sevilla, Murcia e Madrid xunto con Teresa Salazar e outros tres profesores de universidade. Para a súa decepción só dous dos homes conseguiron unha praza e a outra preferiron deixala deserta para que non a obtivera unha muller [7][8]o que lle fixo reformularse a súa dedicación á universidade.
En 1945 foi contratada como Persoal Técnico Civil da Mariña polo LTIEMA (Laboratorio e Taller de Investigación do Estado Maior da Armada) para encargarse sobre todo da industrialización do vidro óptico. Con este fin viaxou aos Estados Unidos para familiarizarse cos procedementos. Visitou a National Bureau of Standards (Washington), a Facultade de Enxeñería do Vidro da Universidade de Toledo ( Ohio) e a Libby Owens
En 1954 conseguiu fabricar o primeiro ensaio de vidro óptico. A Memoria dese ensaio foi publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas e foi premiada co 1º Premio de investigación técnica “Juan de la Cierva” en 1955.
Outro campo de investigación liderado por Piedad de la Cierva desde o LTIEMA foi a fabricación de ladrillos refractarios con cascarilla de arroz, moi útiles para as caldeiras dos barcos e outros fornos. Nesta ocasión volveu recibir de novo o Premio “Juan de la Cierva” en 1966.
En 1945 coñeceu o Opus Dei a través de Camiño, un libro de Xosemaría Escrivá. O 25 de decembro de 1952 pide a súa admisión como Agregada.[9]
Na súa honra creronse os premios Piedad de la Cierva, para reconocer a traxectoria de mulleres da Rexión de Murcia con toda unha vida adicada á ciencia,[10] e as bolsas Piedad de la Cierva para alumnas que inician os estudos en Enxeñería ou Arquitectura.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.