From Wikipedia, the free encyclopedia
Petra Karin Kelly, nada en Günzburg o 29 de novembro de 1947 e finada en Bonn o 1 de outubro de 1992, foi unha política e activista pola paz alemá e unha das principais fundadoras da partido Alianza 90/Os Verdes.
(1987) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Petra Karin Lehmann 29 de novembro de 1947 Günzburg, Alemaña |
Morte | 1 de outubro de 1992 (44 anos) Bonn, Alemaña |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Waldfriedhof Würzburg (en) , Abteilung 4, Feld 4, Reihe 20, Nr. 7 |
Membro do Bundestag | |
18 de febreiro de 1987 – 20 de decembro de 1990 Lexislatura: 11th German Bundestag (en) Electa en: eleições federais na Alemanha Ocidental em 1987 (pt) | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Alemaña 1 de xullo de 1985 – 4 de maio de 1987 | |
Membro do Bundestag | |
29 de marzo de 1983 – 18 de febreiro de 1987 Lexislatura: 10th German Bundestag (en) Electa en: eleições federais na Alemanha Ocidental em 1983 (pt) | |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Portugal 29 de xuño de 1934 – 1 de xullo de 1985 | |
Datos persoais | |
Educación | American University (pt) Universidade de Ámsterdam Hampton High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bonn Bruxelas |
Ocupación | política, activista, ecoloxista |
Partido político | Partido Socialdemócrata de Alemaña Alianza 90/Os Verdes |
Membro de | |
Familia | |
Parella | Gert Bastian |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Petra Karin Lehmann naceu en Günzburg, Baviera, en 1947, e cambiou o seu apelido por Kelly tras casar a súa nai co que foi o seu padrasto, un oficial da armada estadounidense. Foi educada de moi nova na relixión católica nun convento de Günzburg e despois asistiu ao colexio en Xeorxia, ao radicarse a súa familia nos Estados Unidos. Viviu e estudou nos Estados Unidos entre 1959 e 1970.
Kelly foi admiradora de Martin Luther King, Jr. e fixo campaña a favor de Robert F. Kennedy e Hubert H. Humphrey nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1968. Estudou ciencias políticas na School of International Service na denominada American University en Washington, D.C. dende 1966 e graduouse polo European Institute na Universidade de Ámsterdam en 1971. Mentres traballaba na Comisión Europea (1971-1983), participou en numerosas campañas a favor da paz e o medio natural en Alemaña e noutros países.
Kelly foi unha das fundadoras en 1979 do Partido dos Verdes (Die Grünen), o Bündnis 90 / Die Grünen. Entre os anos 1983 e 1990, foi membro do Bundestag polos Verdes. En maio de 1983 viaxou a Tenerife, onde apoiou coa súa firma o Manifesto de Tenerife, documento precursor do partido político dos Verdes españois.[1] A súa publicación coincidiu coa polémica sobre a pertenza de España na OTAN e o florecimiento dos diversos partidos verdes no resto de países europeos.[2][3]
Despois de traballar para a Comisión Europea, cambiou o traballo por unha praza de administración no Comité Económico e Social Europeo, onde loitou polos dereitos das mulleres.[4]
Kelly recibiu o Right Livelihood Award (coñecido como o Premio Nobel Alternativo) en 1982 "...por forxar e implementar unha nova visión unindo os asuntos ecolóxicos co desarme, a xustiza social e os dereitos humanos".[5] En 1987 escribiu o libro Fighting for Hope publicado por South End Press, que é un chamamento urxente por un mundo libre de violencia entre o norte e o seu, homes e mulleres, as persoas e a súa contorna.[6]
En 1992 Petra Kelly faleceu asasinada en Bonn mentres durmía por un disparo aparentemente pola súa parella, o antigo xeneral da OTAN e político do partido verde Gert Bastian (nacido en 1923), que despois se suicidou. Ela tiña 44 e el 69.[7][8] O seu corpo foi descuberto o 19 de outubro, mais determinouse que a data da morte foi arredor do día 1.[9][10] Kelly foi enterrada en Waldfriedhof en Würzburg.
A cidade de Bonn dedicoulle en abril de 2006 un recordatorio dunha vida dedicada á paz, cambiando o nome dunha parte da rúa Franz-Josef-Strauß-Allee por Petra-Kelly-Allee.
Co obxectivo de permitir que as ideas políticas de Petra Kelly e a súa mensaxe continuasen vivos, creouse en 1997 a fundación Petra Kelly como parte da fundación Heinrich Böll.[11] A fundación Heinrich Böll mantén os arquivos de Petra Kelly e presenta, dende o ano 1998, o premio internacional Petra Kelly para os dereitos humanos, a ecoloxía e a política pola non violencia.[12][13][14]
En palabras do seu amigo, o Dalai Lama: “Petra Kelly foi designada para dedicar a súa vida e persoa na loita polos oprimidos, os débiles e os perseguidos da época en que vivimos. O seu espírito e legado de solidariedade humana e inquietude continúan a inspirarnos e animarnos a todos”.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.