historiador e numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Spufford, nado o 18 de agosto de 1934 e finado o 18 de novembro de 2017, foi un historiador e numismático británico especializado na economía medieval.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1934 |
Morte | 18 de novembro de 2017 (83 anos) |
País de nacionalidade | Británica. |
Educación | Universidade de Cambridge. |
Q89547790 | Estudos de numismática e historia económica medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía e numismática |
Ocupación | historiador, académico |
Empregador | Universidade de Cambridge |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Clark (Margaret Spufford). |
Premios | |
- 2005: Medalla da Royal Numismatic Society. - 2005: Medalla Gunnar Holst. | |
Spufford foi profesor emérito de Historia Europea da Universidade de Cambridge.[1]
Peter Spufford concluíu en 1956 os seus estudos de Historia na Universidade de Cambridge, onde en 1962 acadou o doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson e Hans Van Werveke.[1][2] A súa tese foi publicada en Leiden en 1970 co título de Monetary Problems and Policies in the Burgundian Netherlands 1433-1496.[3][4]
En 1960 ingresou como profesor axudante na Universidade de Keele, institución na que exerceu a docencia durante nove anos e na que chegou a ser xefe en funcións do Departamento de Historia.[1][5]
En 1979 foi nomeado membro do Queens' College, da Universidade de Cambridge. No seo desa universidade ocupou diferentes postos na súa Facultade de Historia: foi profesor asociado entre 1979 e 1990, profesor titular de Historia Económica desde ese ano ata 2000 e catedrático de Historia Económica en 2000 e 2001, ano en que se retirou do ensino universitario e foi nomeado membro emérito do Queens' College.[1][6][7]
O máis sobranceiro do seu legado intelectual é unha tríade de libros que constitúen unha referencia no seu ámbito: Money and Its Use in Medieval Europe (1988), un estudo anovador do papel que xogaron as cuñaxes e o crédito no funcionamento da economía medieval;[8] Handbook of Medieval Exchange (1986), unha obra de referencia que recolle todos os datos daquela coñecidos sobre os tipos de cambio das moedas na Europa Occidental durante toda a Idade Media;[9] e Power and Profit: The Merchant in Medieval Europe (2003), un estudo ilustrado sobre as rutas comerciais medievais, a banca, o comercio de mercadorías e a vida dos comerciantes.[10]
Entre outras entidades, Spufford foi membro da Sociedade de Xenealoxistas (1955), da que ocupou a vicepresidencia entre 1997 e 2012. Ademais, foi o editor do xornal da Sociedade de 1961 a 1963.[11]
Durante o curso 1959-1960, presidiu a Sociedade Heráldica e Xenealóxica da Universidade de Cambridge, que el mesmo fundara en 1955, e foi o seu vicepresidente en anos posteriores.[12]
Spufford casou en 1962 coa profesora de Historia Margaret Clark (1935-2014).[13] Tiveron un fillo e unha filla, chamados Francis e Bridget, que morreron antes ca eles. O nome da súa filla permanece na memoria na denominación do Bridget's Hostel para estudantes con discapacidade, en Cambridge.[7]
Spufford morreu o 18 de novembro de 2017. O seu funeral tivo lugar o 24 de novembro na igrexa de Santa María e Santo André en, Whittlesford, Cambridgeshire.[14]
Estas son as monografías publicadas por Peter Spufford ao longo da súa traxectoria académica:[19][20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.