Pena Trevinca
pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, o punto de maior altitude do territorio galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.[2][3][4][5][6]
Pena Trevinca | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, ZEPA | ||
Ano de constitución: | Setembro de 2006 | ||
Superficie: | 24.896 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Ourense[1] | ||
Concellos: | Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo[1] | ||
Ríos: | río Tera, río Camba, río Canda, río Xares, río Sanxil | ||
Picos | Pena Trevinca, Pena Negra, Pena Surbia, Pena Trevinca Norte | ||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O motivo de protección radica en constituír un ecosistema subalpino galego ben conservado.[7][8] Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra[9][10] e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", que se estende por parte da Veiga e de Seabra.